miniatura|300px|Malia que non hai un número determinado de economías emerxentes, neste mapa amósanse os países que son recoñecidos maioritariamente coma tales. Un mercado emerxente é unha economía de mercado relativamente retardada mais en proceso de rápida industrialización ou crecemento. Porén, non hai unha definición única ou universal.Kolodko, GW (2003). ''Emerging Market Economies: Globalization and Development''. Asghate Publishing Company. Estats Units. En xeral, os mercados emerxentes non inclúen aqueles países altamente industrializados ou desenvolvidos nin tampouco aqueles que aínda non comezaron o camiño cara ó desenvolvemento dos seus mercados.

O termo, que se popularizou durante a década de 1980 grazas ó economista Antoine van Agtmael do Banco Mundial,FT.com / Columnists / John Authers - The Long View: How adventurous are emerging markets? emprégase a miúdo como sinónimo de "economía emerxente", malia que fai referencia normalmente a aquelas economías en transición ó desenvolvemento. Os mercados emerxentes tiveron un nivel de madureza nas súas institucións de mercado e non só unha renda per cápita superior á dos países subdesenvolvidos; deben ter unha poboación relativamente elevada, con moitos recursos, e deben ser participantes críticos dos acontecementos económicos da súa contorna.

Non hai un número determinado de mercados emerxentes, mais os dez meirandes son: México, o Brasil, a Arxentina, Suráfrica, Polonia, Turquía, India, Indonesia, a República Popular da China e Corea do Sur.

Segundo Goldman Sachs as oito economías emerxentes e en desenvolvemento máis grandes, xa sexa polo PIB nominal ou axustado á inflación so os países BRIC (o Brasil, Rusia, a India e a China), así coma os MIST (México, Indonesia, Corea do Sur e Turquía).

A Área de Libre Comercio ANSA-China púxose en marcha o 1 de xaneiro de 2010, sendo o meirande mercado rexional emerxente do mundo.

Notas

Categoría:Economía Categoría:Mercados financeiros