Michuá foi o segundo zaque de Hunza, que hoxe é a cidade colombiana de Tunja. A súa contraparte no territorio muisca do sur foi o zipa Saguamanchica.
dereita|miniatura|260px|Mapa do territorio muisca. O goberno do zaque en amarelo.
Rival do zipa Saguamanchica por mor da invasión ó territorio do cacique de Ubaté. Foi derrotado e morto por este, despois de 16 anos de guerra. Foi sucedido polo seu sobriño, Quemuenchatocha. Outras fontes históricas indican que defendeu ó cacique de Guatavita das accións do zipa. En 1490, os exércitos de ámbolos dous xefes enfrontáronse en Chocontá. As tropas de Bacatá obtiveron a vitoria, mais os dous dirixentes morreron logo de tres horas de loita.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Gobernantes muiscas Conquista española das nacións chibchas
Bibliografía José Antonio de Plaza (1809-1854). Compendio da historia da Nova Granada dende antes do seu descubrimento até o 17 de novembro de 1831. Bogotá: Imp. del Neogranadino, 1850.
Categoría:Gobernantes muiscas Categoría:Historia de Colombia Categoría:Finados en 1490