O soño de Xacob é un óleo sobre lenzo do pintor barroco español José de Ribera (1591-1652). Mide 179 centímetros de alto por 133 cm de ancho. Data do ano 1639 e atópase na actualidade exposto no Museo do Prado de Madrid (España).
Pertence á escola española do século XVII.
No século XVII son frecuentes as versións do episodio coa escaleira, pero Ribera parece insistir na humanidade do Pastor. A súa versión é moi naturalista ao representar ao protagonista, pero introduce un toque de fantasía na visión esfumada dos anxos que soben e baixan. Talvez por este detalle e pola gama de cor dourada, o cadro atribuíase antigamente a Murillo.
Descrición A obra representa unha escena que se atopa no Antigo Testamento, no libro da Xénese, capítulo 28. Nela o patriarca Xacob aparece recostado sobre o seu costado esquerdo mentres está durmindo. Xunto ao patriarca hai unha árbore e unha escala de luz, pola que soben e baixan os anxos.
Véxase tamén
Bibliografía Pérez Sánchez, Alfonso E., Ribera, Madrid, Alianza Editorial, 1994, pp. 44–54. Tormo y Monzó, Elías, Ribera en el Museo del Prado, Barcelona, p. 15. Spinosa, Nicola, L'opera completa del Ribera, Milán, Rizzoli, 1978, n.º 150. Ribera (1591-1652), cat. exp., Madrid, Museo Nacional del Prado, 1992, pp. 308–309 y 336-337, n.os 79, 94 y 476-477, n.º D60. Mayer, August Liebmann, Jusepe de Ribera (Lo Spagnoletto) , Leipzig, 1923, pp. 149–151.
Outros artigos Xacob José de Ribera Ligazóns externas El sueño de Jacob
Categoría:Obras pictóricas de José de Ribera Categoría:Cadros do Museo do Prado Categoría:Obras pictóricas de 1639 Categoría:Pintura do Barroco