A tempada 2009-2010 da División de Honra B foi a duodécima edición da segunda división da liga de rugby de España, categoría creada en 1998 pola Federación Española de Rugby. Formato de competición Nesta edición o número de participantes mantívose en dezaseis, e o formato de competición non tivo trocos. O torneo contou con dous grupos de oito equipos cada un. O "Grupo 1" estivo formado por oito equipos da metade norte de España, mentres que o "Grupo 2" estivo formado por oito equipos da metade sur de España e Madrid.

Cada grupo funcionou como unha competición independente cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o dereito a disputar unha eliminatoria de ascenso á División de Honra cos dous primeiros equipos do outro grupo na que os gañadores acadaron o ascenso directo. Por outra banda, os dous últimos tiveron unha eliminatoria de promoción pola permanencia entre si e os perdedores outra contra equipos da Primeira Nacional.

A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, usando o seguinte sistema de puntuación: catro puntos por vitoria, dous por empate, e puntos "bonus" adicionais no caso de anotar catro ensaios ou máis e no caso de perder por sete puntos ou menos.

Fase de liga regular Grupo 1 PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPCB 1º. Hernani C.R.E.55 14 12 0 2 335 187 7 2º. F.C. Barcelona 54 14 11 0 3 366 205 10 3º. B.U.C. 44 14 8 1 5 317 206 10 4º. Oviedo R.C. 35 14 8 0 6 242 243 3 5º. Vigo R.C. 27 14 5 1 8 223 254 5 6º. Getxo R.T. 25 14 5 0 9 219 352 5 7º. Durango R.T. 19 14 3 0 11 190 323 7 8º. Eibar R.T. 18 14 3 0 11 196 318 6 Grupo 2 PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPCB 1º. C. Alcobendas R.53 14 11 0 3 448 209 9 2º. C.A.U. Valencia 49 14 10 1 3 461 236 7 3º. C.R. Liceo Francés47 14 10 0 4 253 169 7 4º. C.R. Cisneros 40 14 8 0 6 376 275 8 5º. C.R.A. Portuense40 14 8 1 5 329 260 6 6º. Helvetia Rugby 23 14 5 0 9 198 317 3 7º. C.D.U. Málaga 11 14 2 0 12 238 478 3 8º. Jaén R.C. 8 14 1 0 13 136 495 4

Posicións de promoción de ascenso (1º e 2º). Posición de promoción de permanencia (7º e 8º).

PX - Partidos xogadosPG - Partidos gañadosPE - Partidos empatadosPP - Partidos perdidos

PF - Puntos a favorPC - Puntos en contraB - Puntos bonus

Fase de ascenso  Eliminatorias polo ascensoAscendidos             Hernani C.R.E. '''13 '''13    '''C.A.U. Valencia '''18 '''9        '''C.A.U. Valencia    '''C. Alcobendas R.     '''C. Alcobendas R. '''12 '''21   F.C. Barcelona '''16 '''8  C.A.U. Valencia e C. Alcobendas R. acadaron o ascenso directo á División de Honra. Non houbo unha final para definir ó campión da categoría. Véxase tamén Ligazóns externas Resultados das competicións nacionais 2009-2010 Outros artigos División de Honra de Rugby 2009-2010

Categoría:División de Honra B de Rugby Categoría:Rugby en 2009 Categoría:Rugby en 2010