A tempada 2003-2004 da División de Honra B foi a sexta edición da segunda competición de liga do rugby en España, creada en 1998 pola Federación Española de Rugby. Formato de competición Nesta edición o número de participantes mantívose en dez, e o formato non foi modificado, contanto cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o ascenso directo á División de Honra, e os dous últimos o descenso directo a Primeira Nacional.
Os dez equipos participantes foron o ADUS, Arquitectura, Ciencias, Oviedo e BUC participantes na edición anterior; o CAU Valencia e Cisneros descendidos da División de Honra; e o Independiente e Ordizia ascendidos da Primeira Nacional.
A liga contou con 18 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival, unha vez como local e outra como visitante, sumando dous puntos por vitoria e un por empate.
Clasificación PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPC 1º. C.R. Ciencias27 18 13 1 4 585 278 2º. C.D. Arquitectura 24 18 11 2 5 443 382 3º. Ordizia R.E. 23 18 11 1 6 487 321 4º. Oviedo R.C. 20 18 10 0 8 312 370 5º. A.D.U.S. 19 18 9 1 8 368 344 6º. C.A.R. 15 18 7 1 10 333 426 7º. B.U.C. 14 18 7 0 11 350 393 8º. C.R. Cisneros 14 18 7 0 11 396 417 9º. Independiente R.C. 14 18 7 0 11 289 461 10º. C.A.U. Valencia 10 18 5 0 13 276 447
Posicións de ascenso directo (1º e 2º). Posicións de promoción (9º e 10º).
PX - Partidos xogadosPG - Partidos gañadosPE - Partidos empatadosPP - Partidos perdidos
PF - Puntos a favorPC - Puntos en contra
O campión da categoría foi o Club de Rugby Ciencias.
Véxase tamén Ligazóns externas Resultados das competicións nacionais 2003-2004 Outros artigos División de Honra de Rugby 2003-2004
Categoría:División de Honra B de Rugby Categoría:Rugby en 2003 Categoría:Rugby en 2004