Santiago de Baldráns é unha parroquia, bañada polo río Miño, que se localiza no concello de Tui. Segundo o padrón municipal 2019 tiña 457 habitantes (228 homes e 229 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha lixeira diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 464 habitantes (239 mulleres e 225 homes) e unha baixada de poboación maior respecto ao ano 1999, cando contaba con 495 habitantes.
Xeografía A parroquia está localizada na zona oriental do concello de Tui. Limita ao leste con Caldelas de Miño, ao oeste con Paramos e ao norte con Soutelo (parte do concello de Salceda de Caselas).
División eclesiástica Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Tui-Entenza, na diocese de Tui-Vigo.
Toponimia O nome da parroquia aparece na documentación histórica escrito de dúas maneiras, Valdráns e Baldráns.
Historia Esta parroquia está habitada desde o paleolítico, como mostran os bifaces da época atopados no barrio do Cerqueiro. Outras mostras do poboamento prehistórico da parroquia son os petróglifos das Carneiras, con motivos variados: serpentiformes, círculos e coviñas. A igrexa foi construída na Idade Media, pero foi modificada de maneira moi forte durante os séculos XVII e XVIII. No século XIX houbo un campamento francés no lugarMartínez Sigüenza, X. (2010). As parroquias de Tui –síntese histórica–. Revista de Estudios Provinciais Nº 19, Deputación de Pontevedra..
Lugares e parroquias
Lugares de Baldráns
Parroquias de Tui
Véxase tamén
Outros artigos Lugares de Tui
Categoría:Parroquias de Tui Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior