miniatura|Manti Te'o, xogador estadounidense de fútbol americano do Notre Dame Football, estivo envolto en 2013 nun caso de catfishing. Na linguaxe de Internet, o catfishing é unha actividade na cal unha persoa crea un perfil falso para ser empregado nas redes sociais con fins perversas. Este termo foi empregado por vez primeira en 2012, a partir da emisión do documental Catfish. O catfishing podería englobarse dentro do romance scam, tamén denominado fraude do amor por Internet, na que delincuentes suplantan a identidade virtual doutras persoas, empregando fotografías alleas, para establecer unha relación a través de Internet coas vítimas. A través desta relación, que pode xurdir de foros, páxinas de citas ou mesmo redes sociais comúns, os delincuentes tentan roubar información persoal e até mesmo cantidades económicas.
Segundo algúns sociólogos, o desenvolvemento do catfishing podería ser unha forma de explorar a identidade sexual en Internet. Por exemplo, no programa da MTV Catfish, baseado no documental do mesmo nome, unha rapaza chamada Sonny comezou a chatear cun modelo chamado Jamison, que finalmente resultou ser un perfil falso creado por Chelsea, unha rapaza que empregou unha identidade virtual alternativa para interactuar con outras mulleres en Internet.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Phishing Monicreque (Internet)
Ligazóns externas 5 trucos para detectar un catfish,, vídeo de The Tripletz en YouTube.
Categoría:Redes sociais