El asesinato de Carrero Blanco é unha miniserie de televisión de xénero histórico dirixida por Miguel Bardem e protagonizada por Unax Ugalde e José Ángel Egido, no ano 2011. É unha coproducción de Televisión Española (TVE), Euskal Telebista (ETB) e BocaBoca Producciones. O seu argumento trata sobre como se organizou e planificou o atentado contra Carrero Blanco o 20 de decembro de 1973.

Argumento O filme narra o intento de secuestro e posterior atentado que ETA levou a cabo o 20 de decembro de 1973 contra Luis Carrero Blanco, que fora designado Presidente do Goberno de España por Francisco Franco uns meses atrás.

Personaxes Unax Ugalde como Argala José Ángel Egido como Luis Carrero Blanco Régis Romele como Sena Pedro Casablanc como Sánchez Enrique Villén como Blasco Félix Cubero como Matías Miko Jarry como Benoit Gorka Lasaosa como Kaiku Juanma Navas como Manuel (perruqueiro)

Notas

Véxase tamén Operación Ogro Ligazóns externas Páxina oficial Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes rodados en España Categoría:Filmes sobre ETA Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes sobre o franquismo