A hepatite C é unha doenza infecciosa que afecta principalmente ao fígado, e é causada polo virus da hepatite C (VHC). A infección en fase aguda adoita ser, polo xeral, asintomática. Porén, na meirande parte dos casos a doenza tórnase crónica, podendo producir lesións no fígado e, co tempo, evolucionar a cirrose e hepatocarcinoma. En certos casos, os doentes con cirrose tamén poden presentar insuficiencia hepática, cancro de fígado e varices esofáxicas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Caso da hepatite C en Galicia Cirrose hepática Ligazóns externas International free HCV-Newsletter for scientists, supervision Dr. Monika Runggaldier - Europe
Categoría:Doenzas infecciosas Categoría:Hepatite