Dentro do movemento marxista-leninista internacional, un antirrevisionista é quen favorece a liña teórica e práctica asociada con Karl Marx, Friedrich Engels, Vladimir Lenin, Iosif Stalin e Mao Zedong (ou Mao Tse-tung) e que opoñese ao trotskismo (o cal considera que Lev Trotski é o “auténtico” sucesor ideolóxico de Lenin). Ademais critica á dirixencia soviética posterior a Stalin, é dicir, partindo de Nikita Khrushchev. Os antirrevisionistas afirman que a URSS baixo o férreo mando de Stalin representou a última e definitiva implementación correcta do chamado socialismo científico, teorizado e preconizado pola dupla Marx-Engels e trasladado á práctica por Lenin.

Líderes antirrevisionistas A seguinte é unha lista dos principais líderes e dirixentes comunistas, históricos ou actuais, que no seu momento autodefinieronse como antirrevisionistas:

Principais Iosif Stalin Mao Zedong Enver Hoxha Ernesto Che Guevara Banda dos Catro (China)

Outros Bob Avakian Harry Haywood Pushpa Kamal Dahal Prachanda

Partidos políticos e grupos antirrevisionistas Partido Albanés do Traballo (Histórico, baixo o réxime de Enver Hoxha) Partido Comunista do Nepal (Maoísta) Partido Comunista da India (Maoísta) Partido Comunista da India (Marxista) Partido Comunista Revolucionario dos Estados Unidos

Véxase tamén Outros artigos Stalinismo Ligazóns externas O socialismo contra o revisionismo moderno, no sitio web filipino www.philippinerevolution.net Lista de grupos e partidos políticos antirrevisionistas Partido Comunista da India (Maoísta)

Categoría:Comunismo Categoría:Marxismo