Darklands é o segundo álbum da banda escocesa de rock alternativo The Jesus and Mary Chain, publicado o 31 de agosto de 1987 a través do selo Blanco y Negro Records. A diferenza do seu predecesor, neste traballo usáronse caixas de ritmos en lugar do batería Bobby Gillespie, que deixara a banda para seguir unha exitosa carreira como líder de Primal Scream. O álbum é un punto de inflexión na música da banda, indo do noise pop de Psychocandy a un son alternativo máis melódico.
Darklands chegou ao número cinco da lista británica de álbums, a súa posición máis alta ata ese momento. O disco foi incluído no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die.
Máis tarde Primal Scream gravou unha versión da canción principal do álbum como cara b do seu sinxelo de 1998 "If They Move, Kill 'Em".
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de The Jesus and Mary Chain Categoría:Álbums musicais de 1987 Categoría:Álbums producidos por Bill Price Categoría:Álbums de Blanco y Negro Records