José Manuel Vázquez Varela, nado na Coruña o 21 de decembro de 1946,VV. AA. (2002): Gallegos. Quién es quién en la Galicia del siglo XXI, p. 586. Santiago de Compostela: Editorial Compostela. ISBN 84-8064-113-4. é un historiador galego.

Traxectoria Doutor en Filosofía e Letras (sección de Historia), foi catedrático de Prehistoria e Etnoloxía na Universidade de Santiago de Compostela,Horario do profesor Vázquez Varela, José Manuel. USC. en cuxa Facultade de Xeografía e Historia (Departamento de Historia I) impartiu clases de Fundamentos da Etnoloxía e de Prehistoria do Novo Mundo. Estudoso dos aspectos económicos, sociais, ideolóxicos e relixiosos da Prehistoria en Galicia, escribiu numerosos traballos sobre estes temas.Anuario Brigantino, nº 16 (1993). Está xubilado.José Manuel Vázquez Varela: El retorno de los 'People Boat' El Correo Gallego, 14 de abril de 2016.

Algunhas publicacións

1990 - Os Petroglifos de Galicia. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago. ISBN 84-7191-655-X 1993 - "Arte Prehistórico". En Galicia Arte. IX. Arte Prehistórico y Romano / Arte Prehistórica e Romana. Hércules. ISBN 978-84-87244-32-2 , ISBN 978-84-87244-33-9 . 1993 - "El Megalitismo de Galicia como humanismo", Anuario Brigantino, nº 16. 1994 - Ritos y creencias en la Prehistoria Gallega. A Coruña: Xuntanza Editorial. ISBN 84-86614-72-4. 1995 - Antepasados, guerreros y visiones. Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra. 1996 - "Prehistoria", en VV. AA. Nova Historia de Galicia. A Coruña: Editorial Tambre. ISBN 84-88681-27-5.

Recoñecementos Premio Taboada Chivite (2001).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Etnólogos