Santo Estevo do Salto de Agoela é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2012 tiña 137 habitantes (70 mulleres e 67 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 267 habitantes.

Historia Xunto coa parroquia de Vilela forma o territorio dos antigos priorados de Oseira. Aínda se poden ver dúas casas monacais no lugar da Granxa.

No lugar de Faílde está a casa familiar de Javier Vales Faílde.

Patrimonio En 1948 atopouse no lugar de Casardixo un machado de bronce datado de hai uns 3.200 anos. As medidas son 155 mm x 39 mm (fío) x 15 mm (grosor baixo a asa); o peso é de 300 gr. Ten tres estrías superficiais en cada folla, con tres estrías a cada lado menos profundas. A forma moi curva do fío e o acurtamento da folla abonan a función cortante. As súas proporcións son harmónicas e a riqueza decorativa realza a elegancia deste machado. Sorprendeu pola pureza das súas liñas e factura perfecta do machado de dúas asas.

Consérvase unha mámoa megalítica, en Coto dos Mouros.

Da cultura castrexa consérvanse dúas localizacións de poboados castrexos: o de Castro Pequeno e o de Castro Grande.

Xa de época máis recente é a casa reitoral.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares do Salto de Agoela

Parroquias de Rodeiro

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Rodeiro

Ligazóns externas O Salto de Agoela na web do concello de Rodeiro

Salto de Agoela Salto de Agoela