Francisco Xavier Fernández Villaverde, máis coñecido como Xavier Villaverde, nado na Coruña o 2 de maio de 1958, é un director de cine galego.
Traxectoria miniatura|Estrela en Cans.
En súper 8 e en galego filmou A Semente en 1977. Vencellado ó Equipo Imaxe rodou en 16mm o documental Circos (1979). En 1982 realizou en claves neorrealistas a súa primeira curtametraxe en 35mm, Tacón. Comezou a destacar no campo da creación en vídeo, sendo a obra máis coñecida dos seus principios Veneno Puro de 1984. Con Viúva Gómez e Sexo Macumba insistiu no mesmo estilo experimental. A curtametraxe Alicia en Galicia (1986) recibiu o primeiro premio no 16º Festival Internacional de Cinema de Montreal.
En 1989 realizou a súa primeira longametraxe, Continental. Logo adicouse un tempo a realización de publicidade, para dez anos máis tarde volver a dirección cinematográfica con Fisterra, onde termina o mundo (1999). A súa terceira longametraxe, tralo éxito de crítica e público de Fisterra, foi un filme de suspense e terror psicolóxico, Trece badaladas, baseada nunha idea do escritor Suso de Toro e rodada entre febreiro e maio do 2002 en Santiago de Compostela.
Despois de compartir a produción executiva da opera prima de Rodrigo Cortés, Concursante (2007) estreou O sexo dos anxos no 2012.
Filmografía Longametraxes Continental (1989) Fisterra, onde termina o mundo (1999) Trece badaladas (2002) O sexo dos anxos (2012)
Vídeo Veneno Puro (1984) Viúva Gómez (1984)
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2012Mellor directorO sexo dos anxosNomeado2015Premio de Honra Fernando ReyGañador
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1958 Categoría:Premio de Honra Fernando Rey