No Cities to Love é o oitavo álbum da banda estadounidense de punk rock Sleater-Kinney, publicado o 20 de xaneiro de 2015 a través do selo Sub Pop Records. É o seu primeiro disco tras unha década de hiato e da edición do seu traballo The Woods en 2005. O álbum recibiu boas críticas e foi incluído en varias listas de mellores álbums de 2015.
Gravación e edición O álbumm foi gravado en segredo principalmente en Tiny Telephone Recordings, en San Francisco, con sesións adicionais en Electrokitty, Seattle e Kung Fu Bakery, Portland. Foi producido por John Goodmanson.
O 22 de decembro de 2014, No Cities to Love foi posto en streaming accidentalmente tres semanas antes pola discográfica da banda, Sub Pop Records. Cara ao día 30 de xaneiro de 2015, dez días despois do seu lanzamento, o disco levaba vendidas 28 000 copias nos Estados Unidos segundo Nielsen SoundScan.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Sleater-Kinney Categoría:Álbums musicais de 2015 Categoría:Álbums producidos por John Goodmanson Categoría:Álbums de Sub Pop Records