A dos egópsidos (Oegopsida), tamén coñecidos antigamente por oigópsidos (Oigopsida),R. Lydekker et al. An Encyclopedia of Natural History Vol. 2. Delhi, India: Mittal Publications.C. P. Raven (1966): Morphogenesis: The Analysis of Molluscan Development. Londres: Pergamon Press. é unha orde de moluscos cefalópodos da superorde dos decapodiformes,Oegopsida no WoRMS. ou decápodos, que constitúe, co seu grupo irmán, o dos miópsidos, os cefalópodos coñecidos na bibliografía internacional como "luras".
O grupo comprende numerosas especies abisais, entre elas varias de luras xigantes.
Características Os egópsidos son un luras peláxicas, con algunhas especies nerito-oceánicas asociadas a montes submarinos."Oegopsid Squids" en FAO Species Catalogue for Fishery Purposes Nº 4, Vol. 2.
Unha característica distintiva con respecto aos miópsidos é que teñen un burato na córnea que pon en comunicación co exterior a cámara anterior do ollo. As femias presentan dous ovidutos.VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, p. 289.
Taxonomía Descrición A orde foi descrita en 1845 polo naturalista francés Alcide d'Orbigny.
Etimoloxía O termo Oegopsida está formado polos elementos do latín científico oeg-, tirado do grego antigo οίγω oígō, 'abrir', e -opsida, derivado do grego antigo ὅψις ópsis, 'ollo'. Literalmente: 'os de ollos abertos', aludindo ao burato que teñen na córnea dos ollos.
Clasificación Segundo o WoRMS, a orde comprende as seguintes familias:
Ancistrocheiridae Pfeffer, 1912 Architeuthidae Pfeffer, 1900 Batoteuthidae Young & Roper, 1968 Brachioteuthidae Pfeffer, 1908 Chiroteuthidae Gray, 1849 Cranchiidae Prosch, 1849 Cycloteuthidae Naef, 1923 Enoploteuthidae Pfeffer, 1900 Gonatidae Hoyle, 1886 Histioteuthidae Verrill, 1881 Joubiniteuthidae Naef, 1922 Lepidoteuthidae Naef, 1912 Lycoteuthidae Pfeffer, 1908 Magnapinnidae Vecchione & Young, 1998 Mastigoteuthidae Verrill, 1881 Neoteuthidae Naef, 1921 Octopoteuthidae Berry, 1912 Ommastrephidae Steenstrup, 1857 Onychoteuthidae Gray, 1847 Pholidoteuthidae Adam, 1950 Promachoteuthidae Naef, 1912 Psychroteuthidae Thiele, 1920 Pyroteuthidae Pfeffer, 1912 Thysanoteuthidae Keferstein, 1866 Walvisteuthidae Nesis & Nikitina, 1986
Para algúns autores, o grupo é unha suborde da orde dos téutidos (Teuthida), co nome de Oegopsina.Oegopsina no ITIS. Porén, Teuthida é un nomen dubium, que inclúe [Myopsida + Oegopsida], pero non está demostrado que formen un clado.Teuthida Naef, 1916 no WoRMS.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Felley, J., Vecchione, M., Roper, C. F. E., Sweeney, M. & Christensen, T. (2001-2003): Current Classification of Recent Cephalopoda. National Museum of Natural History: Department of Systematic Biology: Invertebrate Zoology: Cephalopods Hanlon, Roger T. & John B. Messenger (1996): Cephalopod Behaviour. Cambridge University Press. ISBN 0-521-42083-0. Nixon, Marion & John Z. Young (2003): The brains and lives of Cephalopods. Oxford University Press. ISBN 0-19-852761-6. Nancy A. Voss, Michael Vecchione, Ronald B. Toll and Michael J. Sweeney (1998): Systematics and Biogeography of Cephalopods, vol. I. Smithsonian Contributions to Zoology. Nancy A. Voss, Michael Vecchione, Ronald B. Toll and Michael J. Sweeney (1998): Systematics and Biogeography of Cephalopods, vol. II. Smithsonian Contributions to Zoology.
Outros artigos Cefalópodos Coleoideos Decapodiformes Miópsidos
Ligazóns externas Young, Richard E. & Michael Vecchione (2016): Oegopsida Orbigny, 1845 . Versión: 27 de febreiro de 2016. Tree of Life. Oegopsida na EOL . Oegopsida en Catalogue of Life: 25th March 2016. Spacies 2000. ITIS. Oegopsina en NCBI.
Categoría:Cefalópodos