200px|miniatura|Captura de pantalla da Wikipedia en inglés, realizada cun teléfono iPhone. Unha captura de pantalla, ou screenshot en inglés, é a creación dunha imaxe multimedia que reproduce exactamente a pantalla dun dispositivo multimedia, ben ordenador, ben teléfono móbil. Coloquialmente o proceso de realización dunha captura de pantalla denomínase pantallazo.
O xeito máis habitual de realizarmos unha captura de pantalla en computadoras é premendo a tecla (á veces tamén chamada , , , ou ) sita na parte superior derecita do teclado. Dependendo do sistema operativo ou contorno de escritorio, o proceso da captura pode variar.
Apple macOS Nos sistemas macOS, premendo as teclas se obtén unha captura de pantalla que se garda no escritorio. Con se garda no portapapeis, e se pode pegar posteriormente nun documento. As mesmas combinacións coa tecla (en lugar de ) en vez de gardar toda a pantalla, permite seleccionar co rato a parte que interesa. iOS Nos aparellos que empregan o sistema operativo iOS (iPhone, iPod e iPad) a captura de pantalla realizase premendo á vez o botón de acendido e o botón de inicio.
Microsoft Windows En sistemas Microsoft Windows a imaxe almacenase no portapapeis. Polo tanto para obter a captura de pantalla é necesario pegar o contido do portapapeis (nun procesador de textos ou outros programas de ofimática) ou acudir nun editor de imaxes (como Microsoft Paint) para modificalo e gardalo. Deste xeito posteriormente pode ser tratado como un ficheiro independente. Se ademais de premer a tecla prémese a tecla se obtén unha captura da ventá que se atopa activa nese momento no lugar do escritorio completo. En Windows 7, é posible facer capturas de pantalla mediante o programa "Recortes", que está instalado por defecto. Windows 7 dispón tamén da aplicación "Gravación de accións de usuario" (psr) que permite gravar unha captura de pantalla cada vez que o usuario preme un botón do rato. En Windows 8 mellórase a función de captura, premendo as teclas ou se obtén unha captura de pantalla que se garda de xeito automático, creando unha carpeta chamada "Screenshots" na carpeta "Imaxes". Onde as capturas tomaran un nome "Captura de pantalla", cunha numeración consecutiva "(#)" e un formato ".png" predeterminados, resultando como nome "Captura de pantalla (#).png". Windows Phone En Windows Phone 8, estea ou non bloqueado o móbil, ten que premerse á vez o botón de acendido/bloqueo e o botón de "Windows". As capturas se gardan no seu tamaño orixinal na aplicación de fotos, dentro do álbum "Imaxes".
Software Libre Linux Nos sistemas con contorno KDE ou GNOME, unha pequena ventá nos invita a establecer un nome e un destino para almacenar a imaxe.
Android En Android, a partir da versión 3.0 Honeycomb (Sistema Operativo só para tabletas) é posible realizar a captura de pantalla seleccionando a opción na barra inferior, xa desde a versión 4.0 Ice Cream Sandwich realizase premendo os botóns baixar volume e acendido ao mesmo tempo durante un par de segundos (pode variar segundo o dispositivo e a marca).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Captura de vídeo Printscreen Ligazóns externas Como realizar unha captura de pantalla en Windows.
Categoría:Informática