Lazar Dimitrov Mladenov (en ), nado o 11 de xullo de 1854 en Bansko e finado o 6 de marzo de 1917 en Roma, foi un eclesiástico católico búlgaro, vigairo apostólico de Macedonia entre 1883 e 1895.
Traxectoria Naceu o 11 de xullo de 1854 en Bansko, onde o seu pai era sacerdote e mestre. Mladenov estudou na escola francesa dos lazaristas de Tesalónica, e posteriormente na escola francesa de Constantinopla. Completou a súa formación espiritual en París, onde profesou como membro da Congregación da Misión o 30 de setembro de 1878 e foi ordenado sacerdote polo arcebispo de París.
En 1878 participou no Congreso de Berlín como parte da delegación francesa, e comezou a exercer o seu ministerio entre os católicos bizantinos búlgaros de Tesalónica. O 12 de xuño de 1883 foi nomeado vigairo apostólico de Macedonia, sendo consagrado bispo titular de Satala o 6 de agosto por Nil Izvorov e tendo como co-consagrantes a Veniamin Efsevidis e a Mihail Petkov. A comezos de 1884 foi convidado a unha reunión con León XIII quen lle confirmou no cargo. Durante o seu episcopado, a unión en Macedonia acadou o seu apoxeo: fundou varias escolas no territorio da vigairía e en 1890 comezou coa construción dunha catedral greco-católica búlgara en Tesalónica.
En 1894 conflitos cos lazaristas lle levaron a deixar o seu cargo, e Epifaniy Shanov foi elixido como o seu sucesor. A comezos de decembro de 1894 acudiu ao Sínodo da Igrexa ortodoxa búlgara en Sofía pedindo ser recibido na ortodoxia, o que foi aprobado o 8 de decembro. En 1895, arrependido, volveu ao catolicismo e en 1896 trasladouse a Roma, onde serviu como asesor en asuntos orientais e foi adxunto á dirección da Biblioteca Vaticana. Finou en Roma o 6 de marzo de 1917.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Perfil na web do exarcado de Sofía
Categoría:Nados en 1854 Categoría:Nados na provincia de Blagoevgrad Categoría:Finados en 1918 Categoría:Bispos católicos de Bulgaria Categoría:Bispos católicos de Macedonia do Norte Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina búlgara Categoría:Bispos católicos de Grecia Categoría:Lazaristas Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Bispos católicos do século XX