Elaine Anderson Scott Steinbeck, nada o 14 de agosto de 1914 e finada o 27 de abril de 2003, foi unha actriz estadounidense e unha das primeiras mulleres en desempeñar o posto de "stage manager" na década dos corenta. Mentres estivo casada co actor Zachary Scott tamén recibiu o nome de Elaine Scott. Despois do seu matrimonio co escritor John Steinbeck foi coñecida como Elaine Steinbeck.

Traxectoria Naceu en Austin, Texas en 1914, no seo dunha familia próspera cos negocios petrolíferos. Estivo interesada en actuar dende pequena e estudou drama en UTA. Na década dos corenta trasládase co seu primeiro marido a Nova York, onde comezará a traballar no teatro e a aprender os aspectos técnicos da produción teatral. Tras conseguir o divorcio de Zachary Scott, casou á semana seguinte con John Steinbeck o 28 de decembro de 1950. Permaneceron casados ata a morte de Steinbeck en 1968, actuando de voceira e abandeirada del en conferencias ó longo de todo o mundo e gardando celosamente o seu legado literario. Foi a editora da súa correspondencia baixo o título de A Life in Letters (Steinbeck, John, Ed. Elaine Steinbeck e Robert Wallsten (1975). Steinbeck: A Life in Letters, Viking: University of California Press). Tivo unha filla con Scott, Waverly Scott.

Morreu en Manhattan no 2003.

Véxase tamén Ligazóns externas Vida e obra Obituario

Scott