Grille é un lugar da parroquia de Antes, no concello coruñés de Mazaricos, na comarca do Xallas. Segundo o IGE, en 2023 tiña 71 habitantes (31 homes e 40 mulleres).
Etimoloxía Da Idade Media hai testemuños de cinco variantes: Girrili (1252), (Thome de) Girrilo (1252), Girrilli (1252), (Tome de) Guirille (1252) e Guirrille (1289). Paulo Martínez Lema, propuxo como posíbel base etimolóxica o antropónimo xermánico Berildĭ (tema *ber, relacionábel con *bera(n) 'oso', *baira 'xabarín' ou ben con *beran 'levar, traer') / Uerildĭ (-ildi < hildi 'loita, combate'), documentado en Celanova baixo a forma Berildi (871, 926), no Tombo de Sobrado como Berilli (955) e Berili (964) como nome de muller. A súa evolución sería Uerildĭ > *Güirille > *Guirille > Grille (síncope da vogal pretónica [i]).
Lugares e parroquias Lugares de Antes
Parroquias de Mazaricos
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Mazaricos
Categoría:Lugares de Mazaricos Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía