Ivan Buchko (en ), nado o 1 de outubro de 1891 en Hermanów (Galicia) e finado o 21 de setembro de 1974, foi un eclesiástico católico ucraíno.
Traxectoria Naceu nunha familia de campesiños ucraínos, fillo de Hryhorii e Horpyna, en 1891 en Hermanów (entón parte de Austria-Hungría, hoxe en Ucraína). O 21 de febreiro de 1915 foi ordenado sacerdote en Roma polo bispo búlgaro Lazar Mladenov para a arquieparquía de Lviv. Entre 1922 e 1929 foi reitor do seminario menor de Lviv.
O 16 de setembro de 1929 foi nomeado bispo auxiliar da arquieparquía de Lviv e bispo titular de Cadi. Recibiu a consagración episcopal de mans do metropolita de Galicia Andrei Sheptytskyi o 20 de outubro seguinte. Entre 1939 e 1940 foi tamén visitador apostólico para os fieis ucraínos da Arxentina e do Brasil.
O 17 de abril de 1940 foi nomeado bispo auxiliar do exarcado apostólico dos Estados Unidos de América, até a súa renuncia o 28 de xullo de 1945. Entre 1945 e 1971 foi visitador apostólico para os fieis ucraínos de Europa Occidental.
O 27 de abril de 1953 foi nomeado arcebispo titular de Leucas. Nos anos 60 participou como padre conciliar no Concilio Vaticano II. O 29 de setembro de 1971 retirouse con 80 anos. Finou en Roma o 21 de setembro de 1974.
Notas
Categoría:Nados en 1891 Categoría:Nados no distrito de Pustomyty, rexión de Lviv Categoría:Finados en 1974 Categoría:Arcebispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Escritores en lingua ucraína Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Segundo