Martín Echegaray Olañeta, nado en Freixeiro (Vigo) o 28 de outubro de 1866 e finado en Baños de Molgas o 18 de xullo de 1931, foi un empresario, político e filántropo galego.
Traxectoria Emigrou a Buenos Aires con trece anos. Foi dependente de comercio e co tempo converteuse nun próspero comerciante. Amasou unha gran fortuna con negocios de navegación e comercio transoceánico. En 1906 puxo en marcha un proxecto de navegación rápida de grandes transatlánticos entre Europa e o Río da Prata. Formou parte da colectividade galega de Buenos Aires vinculado ás iniciativas para a creación dunha entidade que agrupara á emigración galega como o frustrado Centro Galego a a Unión Galega. Foi tamén colaborador da Sociedade Hispanoamericana Val Miñor. Tamén formou parte dos círculos republicanos e da masonería liberal da capital arxentina e foi membro correspondente da Real Academia Galega.: "Dous séculos de francmasonería en Galicia (1814-2014)" Praza Pública, 28/5/2014.Membros da Academia. Correspondentes. RAG miniatura|page=318|Anuario de ferrocarriles españoles. 1915, p. 275. De regreso a España o 13 de maio de 1906, instalouse primeiro en Xixón e despois en Vigo en 1910. Creou con outros socios a Compañía de Tranvías Eléctricos de Vigo, da que foi o primeiro presidente. Mercou a illa de Toralla a Enrique Lameiro e instalou nela unha residencia de verán denominada Vila Gioja. Foi concelleiro en Vigo en 1922. Foi presidente do Centro Republicano Vigués e membro da loxa masónica Vicus nº 8. Morreu cando tomaba as augas en Baños de Molgas e foi soterrado no cemiterio de Pereiró. Máis tarde os seus restos foron trasladados a Buenos Aires, onde descansan nun panteón familiar.
Vida persoal Casou con Inocencia García Iglesias. O seu fillo Segundo Echegaray García foi asasinado polos falanxistas en setembro de 1936. Outros fillos: Juan, Eduarda, Luis, Isabel e Inocencia, exiliáronse, coa nai, na Arxentina e outro fillo, Martín Echegaray García, pintor, permaneceu en Francia.
Recoñecementos Foi nomeado fillo predilecto de Vigo o 14 de marzo de 1907.
Durante a República a estrada que comunicaba a estación de Coruxo con Canido levou o seu nome. Hoxe lévao unha rúa que conecta a Avenida da Florida coa Avenida de Castelao.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
(1915) Anuario de ferrocarriles españoles, p. 275.
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega