miniatura|Castelao no centro da imaxe, fumando. O tabaquismo é a adicción ao tabaco, provocada principalmente por un dos seus compoñentes máis activos: a nicotina. Esta adicción acaba inducindo ao abuso do seu consumo e produce doenzas nocivas para a saúde da persoa consumidora.

Segundo a OMS, o tabaco é a primeira causa de invalidez e de morte prematura no mundo. En Europa o tabaquismo provoca cada ano 1,2 millóns de mortes e está directamente relacionado coa aparición de 29 doenzas, das cales dez son diferentes tipos de cancro, e de máis do 50 % das doenzas cardiovasculares. Fumar é directamente responsable de aproximadamente o 90 % das mortes por cancro de pulmón e aproximadamente o 80 % ou o 90 % dos casos de doenza pulmonar obstrutiva crónica (DPOC) e enfisema. En España cada ano morren máis de 50.000 persoas debido ao consumo de tabaco, máis que polos accidentes de tráfico e o consumo de todas as drogas ilegais xuntas.

O tabaco O tabaco é aditivo debido principalmente ao seu compoñente activo, a nicotina, que actúa sobre o sistema nervioso central. O fumador sofre unha dependencia física e psicolóxica que xera unha síndrome de abstinencia. A nicotina xera adicción, pero ten efectos antidepresivos e de alivio sintomático da ansiedade. Non se utiliza en farmacia, porque na segunda metade do século XX se descubriron antidepresivos máis eficaces e que non crean adicción. Tampouco se emprega para o alivio sintomático da ansiedade, salvo en casos excepcionais, porque as benzodiacepinas, que son o tipo de tranquilizantes máis utilizado, tamén crean dependencia, pero considéranse máis eficaces.

É factor de risco en doenzas respiratorias e cardiovasculares, e en distintos tipos de cancro, e resulta especialmente prexudicial durante o embarazo. Ademais, non só prexudica as persoas fumadoras, senón tamén as que respiran o mesmo aire (fumadores pasivos). O tabaquismo é a principal causa de mortalidade na maioría dos países desenvolvidos a principios do século XXI, aínda que hai outros estudos que indican que estas doenzas atribuídas ao tabaco son provocadas en realidade pola contaminación industrial e química, os aditivos alimentarios e os pesticidas utilizados na agricultura. Ademais, o tabaco como tal é o que menos se fuma, pois case todo o que se comercializa está adulterado con substancias químicas que lle achegan dubidosas ou preocupantes propiedades, como a de ser máis aditivo ou mellorar o seu sabor, e outras que se descoñecen, porque tamén teñen fórmulas secretas. As industrias agregan aditivos que o tabaco puro xamais tivo, aumentando a toxicidade que de seu xa ten. Con todo, é importante salientar que o tabaco sempre causa dano, por moi puro que sexa (como o comprado a granel), polo que a única opción que reduce o risco de padecer doenzas respiratorias a idades avanzadas é simplemente non fumar.

Debido ás consecuencias (repercusión física, psicolóxica e social que xera nos consumidores), xa desde o último Congreso de Psiquiatría que tivo lugar na Habana foi considerado unha doenza máis, pois require tanto tratamento medicinal como rehabilitación psicolóxica e reeducación social. Estas dependencias son as máis difíciles de corrixir, aínda que a dependencia física é a que con maior facilidade desaparece, despois da abstinencia.

Composición fisicoquímica Actualmente, a forma de consumo máis habitual é a inhalación dos produtos de combustión do tabaco. Recoñecéronse preto de 5.000 compostos químicos nas distintas fases do fume do tabaco (gasosa, sólida ou de partículas). Considéranse ingredientes do tabaco (termo aconsellado pola OMS) todos os compoñentes do produto, mentres que as emisións dos produtos do tabaco son o que realmente capta e absorbe o fumador (que é a principal causa de mortalidade e de doenzas atribuídas ao tabaco). Actualmente, as emisións son o punto principal da regulación, aínda que os ingredientes permisibles tamén están regulados.

Tabaco e saúde Fumar pode ser o causante de varias doenzas, como o cancro de pulmón, a bronquite e o enfisema pulmonar. O tabaquismo recoñécese desde hai varios anos como un problema de saúde pública, debido aos danos á saúde asociados ao seu consumo (por exemplo, causan máis de medio millón de mortes ao ano no continente americano). Ademais, fumar é a causa máis frecuente de mortes que poden evitarse. Segundo os últimos informes, centos de miles de persoas morren anualmente de forma prematura debido ao tabaco. Estudos recentes indican que a exposición ao fume dos cigarros fumados por outra xente e outros produtos do tabaco produce ao ano a morte de miles de persoas que non fuman. A pesar destas estatísticas e de numerosos avisos sobre os perigos de fumar, millóns de adultos e adolescentes seguen fumando. De todos os xeitos, estanse facendo progresos: cada día son máis as persoas que deixan de fumar.

No ano 2004, a OMS estimaba en 4,9 millóns o número de mortes anuais relacionadas co consumo de tabaco. A pesar de existir unha probada relación entre tabaco e saúde, isto non impide que sexa un dos produtos de consumo legal que pode matar o consumidor asiduo.

Fumar un só cigarro dá lugar a unha elevación do ritmo cardíaco, da frecuencia respiratoria e da tensión arterial. O fume produce unha reacción irritante nas vías respiratorias. A produción de moco e a dificultade de eliminalo é a causa da tose. Debido á inflamación continua prodúcese bronquite crónica. Tamén produce unha diminución da capacidade pulmonar, achegándolle á persoa fumadora maior cansazo e diminución de resistencia en relación a un exercicio corporal.

O fume do tabaco componse dunha corrente primaria ou principal, que é a que inhala directamente o fumador, e unha corrente secundaria, xerada mediante a combustión espontánea do cigarro. Identificáronse máis de 4.000 substancias nocivas no fume do cigarro, das cales polo menos 60 son probables carcinóxenos humanos, como os 4-aminobifenois, o benceno e o níquel. Outras substancias tóxicas son monóxido de carbono, dióxido de carbono, nitrosaminas e amoníaco, e outras están como partículas en suspensión (alcatráns e nicotina).

Epidemioloxía miniatura|Gráfica que amosa a relación entre o consumo de tabaco e o cancro de pulmón. Segundo a OMS existen no mundo máis de 1.250 millóns de fumadores (2010), o que representa aproximadamente un terzo da poboación maior de 15 anos. Por sexos, o 47 % dos homes e o 11 % das mulleres neste rango de idade consomen unha media de 14 cigarros por día, o que supón un total de 5.827 millóns de cigarros ao ano. O 74 % de todos os cigarros consómese en países de baixo e medio nivel de ingresos, segundo o Banco Mundial (hai que ter en conta que a maior parte da poboación mundial vive en países de baixo e medio nivel de ingresos). Tanto para homes como para mulleres, o segmento de idade en que fuma maior proporción é o abranguido entre 30 e 49 anos.

As maiores prevalencias mundiais atópanse en Vietnam, Chile, parte de África e a República Dominicana en homes (73 %, 68 % e 66 %, respectivamente), entanto que Dinamarca e Noruega preséntana na poboación feminina (37 % e 36 %, respectivamente). Polo seu elevado volume de poboación, a China, a India e Rusia son as que agrupan a maior parte de fumadores do mundo.

Na Unión Europea existe unha redución progresiva do consumo. Mantense a maior prevalencia en homes que en mulleres, excepto en Suecia, onde o consumo é algo maior en mulleres (22 % homes e 24 % mulleres). A maior proporción de fumadores está nos países mediterráneos. A prevalencia en España en todas as idades (2003) é do 36 % da poboación.

En México estímase que morren diariamente entre 123 e 165 persoas debido ao consumo de tabaco, o que converte esta adicción nun grave problema de saúde pública.

Tabaco e embarazo Durante o embarazo, o tabaco multiplica o seu potencial daniño xerando non só riscos para a fumadora, senón tamén para o bebé. Entre outros riscos, aumentan os de sufrir embarazo ectópico, hemorraxias vaxinais, alteracións cardíacas, ou, no bebé, risco de nacer con baixo peso, insuficiencias respiratorias, morte súbita, infartos ou leucemia infantil. Carcinóxenos humanos coñecidosBenceno 2-Naftilamina4-Aminobifenil NíquelPolonioCarcinóxenos humanos probables FormaldehidoHidrazidaBenzopirenoAnilinaCadmio Substancias tóxicas Monóxido de carbonoAcroleínaAmonioÓxidos de nitróxenoTabaco e cancro de pulmón200pxPrincipais compoñentes de fasede partículas do fume do tabacoCompoñente ConcentraciónAlcatrán1–40 mgNicotina1-2,50 mgFenol20-150 mcgCAMECOL130-280 mcgPireno 50-200 mcgBenzo pireno 20-40 mcg Existen numerosas investigacións que demostran os efectos tan nocivos do tabaquismo nas mulleres embarazadas. As fumadoras adoitan dar a luz a nenos de baixo peso (entre 150 e 250 gramos menos que as mulleres non fumadoras). Ademais, tanto a nicotina como o monóxido de carbono pasan ao corpo do feto. Demostrouse que a concentración de carboxihemoglobina é dúas veces maior no sangue do feto que no da nai. Se a nai fuma durante o derradeiros seis meses de embarazo, aumentan os riscos de morte para o bebé. As mulleres que fuman tamén corren máis risco de sufrir desprendemento prematuro de placenta. A mortalidade dos infantes é un 30 % maior nas mulleres fumadoras que nas que non fuman, e teñen tamén o dobre de abortos.

Tabaco e cancro A primeira evidencia que se ten da súa relación foi suxerida en 1761 por John Hill, que describiu o desenvolvemento de pólipos larínxeos nos consumidores de rapé (dous dos casos que describiu presentaban unha transformación maligna). Esta asociación foi corroborada en multitude de ocasións desde esa época.

En 1941 os traballos de Yamagawa e Ichikawa demostran por primeira vez a natureza carcinóxena de diferentes hidrocarburos do fume de cigarros. Posteriormente, en 1950 e 1952 os traballos de Doll e Hill publicados en BMJ e usando metodoloxía do tipo estudo caso-control xa suxiren que o tabaco é a principal causa de cancro de pulmón.

O tabaco relacionouse con diferentes cancros: de pulmón, de larinxe, de orofarinxe, de esófago, de estómago, de páncreas, de fígado, de colon, de recto, de ril, de vexiga, de mama, do aparello xenital, e do sistema linfático. No fume do tabaco atópanse numerosos compostos químicos canceríxenos que proveñen da combustión, como o benceno, o benzopireno, o óxido nítrico, os derivados fenólicos e nitrosaminas, ademais de ser unha fonte importante da nicotina, que se considera un fármaco psicoaditivo.

Crese que o causante do 85 % dos cancros por causa do tabaco é o alcatrán que conteñen os cigarros estándar. Na súa cuberta pódese observar unha serie de finas liñas. Estas liñas son do alcatrán que a marca coloca a cada certa distancia para que o cigarro non chegue a apagarse e siga consumíndose de xeito continuo. Esta concentración provoca que un fumador de cigarros estándar teña ata cinco veces máis probabilidades de contraer cancro con respecto a outro que fume puros ou en pipa.

Cigarros contra tabaco a granel Segundo datos do Comisionado para o Mercado de Tabacos de España, produciuse un incremento espectacular do consumo de tabaco a granel, dun 32 % entre os anos 2008 e 2011. Existe a crenza de que o tabaco a granel ten menos risco para a saúde, de que contén menos aditivos e de que é menos prexudicial. Esta falsa crenza é maior nas rapazas, segundo os datos da enquisa da Semana Sen fume da semFYC de 2012.

Os fumadores de tabaco a granel mostran un maior risco de cancros de boca, farinxe e larinxe, e tamén de pulmón (de forma importante ou discreta) que os fumadores de cigarros convencionais. Pero un estudo dá unha prevalencia similar para o cancro de boca. No caso do cancro de pulmón cambiaría a proporción do tipo histolóxico, cunha maior prevalencia de adenocarcinomas e cancro de pulmón de células pequenas.