A corta dos prados (Microtus lusitanicus) é unha especie de roedor da familia Cricetidae.

Descrición É unha corta de pequeno tamaño, de orellas e cola pequenas, a forma do seu corpo reflicte o seu tipo de vida subterránea: cabeza grande, fociño romo, ollos pequenos e corpo cilíndrico. A pelaxe vai desde o gris escuro ao sepia, ventre gris, cola bicolor, co dorso máis escuro.

Distribución

Distribúese polo cuadrante noroccidental da Península Ibérica e o extremo suroccidental de Francia. En España o límite oriental sitúase no norte de Navarra e Huesca, desde onde baixa pola Rioxa, Soria, serras de Guadarrama, Gredos e Gata. En Portugal penetra pola serra da Estrela, chegando até Setúbal, ao sur de Lisboa.

Hábitat

Aparece en lugares moi diversos desde beiras de pequenos ríos, bosques de castiñeiros e carballos, como en plantacións de patacas e cenorias, arrozais e cultivos de froiteiras. A súa presenza está condicionada pola existencia de solos brandos e húmidos cunha densa cobertura vexetal. Aparece desde o nivel do mar até os 2.000 metros na serra de Gredos e os Pireneos.

Depredación

É presa habitual da curuxa común (Tyto alba), e da avelaiona, así como de diversos carnívoros de pequeno e mediano tamaño.

Véxase tamén

Outros artigos Lista dos mamíferos de Galicia Ligazóns externas Microtus lusitanicus (como Pitymys lusitanicus) en "Fauna ibérica; mamíferos". Ángel Cabrera Latorre. 1914. Facsímile electrónico. Cranio e dentes da corta dos prados. No "Atlas virtualsobre cranios, ósos, esqueletos e denticións dos mamíferos ibéricos" do apartado de rastros de mamíferos do sitio Barbastella. (es) Microtus lusitanicus no Atlas da biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf. (en) Microtus (Terricola) lusitanicus, en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed). Visto o 3 de xaneiro de 2020. Status de conservación: Amori, G., Hutterer, R., Krystufek, B., Yigit, N., Mitsani, G. & Muñoz, L. J. P. 2008. Microtus lusitanicus. In: IUCN 2009. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2009.1. - IUCN Red List <www.iucnredlist.org> (NT). Consultado o 14 de agosto de 2009.

Categoría:Roedores