O alquequenxeVV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 30. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0 (Physalis alkekengi) é unha planta vivaz herbácea pertencente á familia Solanaceae que acada até un metro de altura, caracterizada por posuír uns froitos (chamados alquequenxes ou tomates de capucho) de cor entre laranxa e vermella, recubertos por un cáliz a xeito de capucho da mesma cor, de sabor agradábel e aínda que bastente acedo, os cales son moi ricos en vitamina C así como en ácidos cítrico e málico, caroteno, fisalieno, aínda que tamén presentan indicios de alcaloidesProposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC. miniatura|Ilustración

Descrición É unha planta herbácea perenne con rizoma de 5-11 dm de altura. Talo erecto e ríxido de cor verde avermellada. As follas pecioladas, ovais e apuntadas ce cor verde e de 5–8 cm de lonxitude. As flores son solitarias e pénsiles coa corola de cor branca crema. O froito (alquequenxe ou tomate de capucho) é unha baga globulosa de cor encarnada semellante á cereixa e está envolvida por unha vesícula ou cascabullo costelado de cor vermella en forma de "lanterna xaponesa". Florea na primavera e no verán. Distribución e hábitat Esténdese polos terreos calcarios de Eurasia. Tamén prolifera nos parques e xardíns e é utilizado para facer sebes e terrapléns.

Historia Os romanos chamaban a esta planta de helicacabum. Dioscórides comenta "Áchase outro solano chamado propiamente halicacabo e vexiguilla. O seu froito é roxo, redondo e liso, e semellante aos grans de uvas: o cal está encerrado en certos follos redondos, a maneira de vexiguiñas. O dito froito bebido arranxa a ictericia, sendo provocativo de urina". Laguna engade: "A chamada de halicacabo en grego dise en latín vesicaria: e esta é a que chaman Alkankegi os árabes. As vexigas de alkankegi comezan a vermellar por fin en agosto".

Propiedades Contén fisalinas (principios amargos de natureza esteroídica); fisaleno (carotenoide); ácido cítrico; e vitamina C.

Usos tradicionais miniatura|Baga miniatura|Detalle do froito miniatura|Vista da planta Tradicionalmente, as súas bagas eran consideradas comestíbeis, cun discreto efecto laxante.

As follas e talos empregáronse coma depurativo do ril e do fígado, e coma tónico xeral despois dun proceso febril, coma a malaria. Relátase un certo peso da rexión gástrica e estrinximento en caso de administrar doses excesivamente altas, a persoas especialmente sensíbeis.

A planta tense empregado na homeopatía coma tintura de bagas maduras.

Coñecemento actual Actualmente, documentouse que as raíces e bagas conteñen substancias cuxa inxestión pode afectar negativamente á saúde. Nas raíces, tense constatado a presenza de alcaloides tropanos. As bagas posúen efectos antiestroxénicos.

Taxonomía Physalis alkekengi foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 183, no ano 1753. en Trópicos

alkekengi: epíteto Etimoloxía Physalis: nome xenérico que deriva da verba grega: phusa, cuxo significado é algo así coma "bóchega", polos cascabullos ou capuchos do froito.

Variedades aceptadas Physalis alkekengi var. alkekengi Physalis alkekengi var. franchetii (Mast.) Makino en PlantList Sinonimia Physalis franchetii Mast.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Flora of China Editorial Committee. 1994. Fl. China 17: 1–378. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.

Categoría:Physalis Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Europa Categoría:Flora de Asia Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Froitas