Santo Estevo de Cumiar é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o IGE, en 2022 tiña 123 habitantes (55 homes e 68 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación.
Patrimonio A igrexa de Santo Estevo de Cumiar é románica. O arco triunfal é semicircular, pero moi irregular, probablemente por algunha reconstrución. Apoia en columnas entregas con capiteis moi deteriorados. No muro existe unha talla dun gran león moi esquemático coas catro patas dobradas cara a adiante. Por unha inscrición sábese que a igrexa se edificou orixinalmente no século XII.
Este templo está moi reformado, pero aínda que conserva a portada occidental e o arco triunfal refeito. Nesta portada hai unha inscrición que data a igrexa no ano 1184, aínda que é probable que se trate dunha primeira fase pois moitos dos elementos da igrexa parecen máis tardíos.
Lugares e parroquias Lugares de Cumiar
Parroquias de Ponteareas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ponteareas
Categoría:Parroquias de Ponteareas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo