O CP 500 foi un ordenador persoal brasileiro fabricado pola compañía Prológica, baseado e totalmente compatible en hardware e software coa microcomputadora TRS-80 Modelo III, da Tandy Corporation. O modelo inicial foi producido en 1982, e axiña conseguiu grande éxito nas vendas, sendo obxecto de varios artigos en revistas especializadas en informática e electrónica da época, como a revista Micro Sistemas e Nova Eletrônica. O equipo era construído en monobloque (proxecto do deseñador italiano Luciano Deviá, 1943-2014), con todos os principais dispositivos de entrada e saída xuntos, e constaba de monitor, unidades de disco e teclado.

Modelos CP 500 Modelo inicial, lanzado en abril de 1982. Véndese en configuración sen ou con unha ou dúas unidades de disco de altura completa de 5" 1/4 e 178 kB. Tamén houbo unha variación en grafito deste modelo lanzada pouco antes do lanzamento do CP 500/M80.

CP 500/M80 Lanzado en 1985, a cor do gabinete cambiou de beis a grafito. Ademais desta mudanza estética, a máquina podía funcionar baixo o SO-08, un clon do CP/M de Digital Research, podendo acceder a ata 64 kB de RAM e usar a vasta biblioteca de software existente do CP/M. Cun porto RS-232 (mediante un adaptador conectado ao porto propietario CP532C), tamén podía acceder aos incipientes sistemas de videotexto da época.

CP 500/M80C Lanzado en 1986 en branco, era un 30% máis compacto que o seu predecesor (de aí o «C» do nome), grazas ao uso de unidades de disco delgadas de 5" 1/4, agora colocadas en posición vertical no gabinete. Este modelo xa non tiña o porto para gravador de casete, aínda que si que había o burato correspondente no panel traseiro metálico e os espazos axeitados para os compoñentes do circuíto de casete na placa principal. Permaneceu en produción ata setembro de 1988, mesmo despois do lanzamento do CP 500/Turbo.

CP 500/Turbo Último lanzamento da gama en 1987. Semellante ao CP 500/M80C, pero en cor grafito e cunha CPU máis rápida, de 4 MHz.

Modelo Ano CPU ROM RAM Resolución de texto Gráficos Compatibilidade CP500 1982 Z80 @ 2 MHz 16 kB 48 kB 64×16–32×16 128×48 TRS-80 Modelo I/III CP500 M80 1985 Z80 @ 2 MHz 16 kB (ou 2 kB)* 48 kB (ou 64 kB)* 64×16–32×16–80×24 128×48 TRS-80 Modelo I/III/4 CP500 M80C 1986 Z80 @ 2 MHz 16 kB (ou 2 kB)* 48 kB (ou 64 kB)* 64×16–32×16–80×24 128×48 TRS-80 Modelo I/III/4 CP500 Turbo 1987 Z80 @ 4 MHz 16 kB (ou 2 kB)* 48 kB (ou 64 kB)* 64×16–32×16–80×24 128×48 TRS-80 Modelo I/III/4 * –«O CP500 M80 e os modelos producidos máis tarde, estaban equipados cunha tarxeta que os facía capaces de executar o sistema operativo CP/M. CP/M deixa 64 kB de RAM dispoñibles para o sistema e reduce o espazo de enderezos da ROM a só 2 kB».

Almacenamento de datos O almacenamento de datos realizouse en cintas casete de son a 300 bits por segundo.

Co ordenador fornecéronse cables de son, para a conexión cun gravador de cinta normal.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Ordenadores persoais