Boletín Bibliográfico de la Librería Gallega foi un periódico editado na Coruña entre 1895 e 1897.

Historia e características Apareceu en febreiro de 1895.El Eco de Santiago, 5-2-1895, p. 2. Dirixido por Eugenio Carré Aldao. Con carácter mensual, daba conta das obras publicadas en Galicia e dos periódicos que se fundaran ou cesaran; aparecían relacionadas as obras dramáticas de autores galegos estreadas nos teatros e o movemento literario. Tamén publicaba artigos de crítica literaria. Suspendida a súa publicación a principios de 1897, a Revista Gallega comezou a publicar a partir do número 105, correspondente ao 7 de marzo dese ano, unha Sección Bibliográfica que veu a suplilo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha na Hemeroteca da Deputación de Pontevedra.

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1895 en Galicia