Bernardo García Cendán, nado en Vilalba o 11 de abril de 1941 e finado en Lugo o 12 de xuño de 2012, foi un sacerdote, profesor e escritor galego.
Traxectoria Fixo estudos eclesiásticos en Mondoñedo. Licenciado en Filosofía pola Universidade Católica de París e a Pontificia de Salamanca e en Socioloxía pola Universidade de París. Foi profesor no Seminario de Mondoñedo e despois párroco de Nosa Señora do Socorro de Ferrol ata 1987. Tamén foi profesor da Escola de Relacións Industriais de Ferrol, e profesor da Escola de Teoloxía da diocese de Mondoñedo. Logo foi profesor de Filosofía no Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela e desde 1987 profesor de Socioloxía na Universidade de Santiago de Compostela.
Foi membro fundador da revista Encrucillada e da Asociación Irimia. Colaborou con artigos nas revistas Lucensia, Guía dos Libros Novos, Tempos Novos e Irimia.
Tamén compuxo cancións para grupos como Fuxan os Ventos e Saraibas.
Obras colectivas Meudon, une approche pastorale (París, 1970). Catolicismo en España (Madrid, 1985). "Ferrol, estructura e identidade" en O Feito diferencial galego, tomo III, Museo do Pobo Galego, 1991.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca Categoría:Alumnos da Universidade de París