San Paio de Moscoxo (até 2026, Moscoso (San Paio)) é unha parroquia do concello de Pazos de Borbén. Segundo o IGE, en 2022 tiña 380 habitantes (185 homes e 195 mulleres). Ten tres entidades de poboación.

Toponimia No Nomenclátor de 2003 aparecía como "Moscoso", porén no de 2026 corrixiuse para "Moscoxo". Este cambio débese a un informe iniciado de oficio polo Seminario de Onomástica da Real Academia Galega. Por exemplo, aparecía como apelido Moscojo no século XV, ademais de atestacións no Catastro de Ensenada. Tamén o padre Sarmiento menciona Moscoxo, ao igual que en cantigas populares e incluso hai evidencia de uso na poboación máis vella.

Cultura De aquí é orixinario o grupo Os Trasnos de Moscoso e mais Rosa de Moscoxo.

Lugares e parroquias Lugares de Moscoxo

Parroquias de Pazos de Borbén

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pazos de Borbén

Ligazóns externas www.moscoso.eu

Categoría:Parroquias de Pazos de Borbén Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Paio