thumb|Pebidas de xirasol torradas e salgadas. As sementes de xirasol son sementes comestíbeis dos aquenios do xirasol (Helianthus annuus). Adoitan venderse con ou sen casca, torradas e salgadas como aperitivo, coñecido como pebidas. Tamén son comúns as pebidas de cabazaDicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012), Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia GalegaCómpre evitar o castelanismo pipas. Existen distintas variedades de pebidas, dependendo da variedade de xirasol; ademais de se empregar na alimentación humana, algunhas delas empréganse en alimentación animal, especialmente de aves, en cuxo caso non se salgan.

Historia thumb|right|Pebidas salgadas, típicas como aperitivo. En orixe, o xirasol bravo procede de América do Norte e Centroamérica, aínda que a comercialización da planta aconteceu por vez primeira en Rusia. Porén, os nativos americanos empregaron diferentes cultivares, cuxa produción de sementes era diversa: habíaas de cor do mel, abrancazadas, e a variedade máis coñecida, a pebida con raias brancas e negras.Historia del Girasol en National Sunflower AssociationAlbert A. Schneiter, ed. - Sunflower Technology and Production, The American Society of Agronomy, No. 35, 1997, p. 1-19.

Ditos nativos empregaban as sementes de xirasol de diversa forma: podían moer a semente e utilizala para facer tortas en forma de pan. En ocasións mesturaban as sementes con cabaza ou millo. É moi probábel que incluso fabricasen un aceite que utilizasen na elaboración do pan. Outros usos alleos á alimentación eran: como colorante, tinguindo roupas ou o propio corpo, con función decorativa; e como aceite, empregado na pel e o cabelo. Había cerimonias onde tanto a semente de xirasol como a propia planta eran un elemento utilizado.

Valor nutritivo thumb|Sementes: aquenios sen casca. thumb|Sementes torradas con sal.

As pebidas de xirasol son un alimento hipergraxo, moi rico en minerais e con algunhas vitaminas. Conteñen por cada 100 g de produto, 49,57 g de lípidos, 8,76 g de glícidos e 22,78 g de proteínas. Teñen unha porcentaxe de materia seca de 92,53%, de extracto etéreo de 32,65%, de fibra crúa de 26,61%, de cinzas de 3,72% e de extracto libre de nitróxeno de 16,08%. O seu valor enerxético por cada 100 g es de 570 kcal ou 2.390 kJ. En canto á súa composición en vitaminas e minerais (por cada 100 g de produto) destacan, polo seu alto contido, o fósforo, con 705 mg; o magnesio, con 354 mg; e maila vitamina E, con 4,5 mg.

Comercialización thumb|Un "simit" feito con sementes de xirasol no canto das tradicionais sementes de sésamo. Son comercializadas torradas con sal ou sen el. Tamén é posíbel atopalas sen a casca, recibindo logo o nome de “pebidas peladas”.

Países produtores Principais produtores - 2012(millóns de toneladas métricas) 1 8,39 2 7,99 3 3,34 4 2,37 5 1,57 6 1,40 7 1,39 8 1,37 9 1,32 10 1,26 Total mundial 37,07 Fonte: FAO

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Semente de liñaza Semente de sésamo

Categoría:Froitos secos Categoría:Oleaxinosas