250px|miniatura|Mercado de Terrasa. O Mercat de la Independència é o mercado central de Terrasa, tradicionalmente o máis importante. Ocupa toda unha illa de casas triangular que dá ó Raval de Montserrat (onde se atopa a entrada principal), a Rambla d'Ègara e a rúa da Goleta. Trátase dun edificio modernista, obra dos arquitectos municipais Antoni Pascual i Carretero (entre 1904 e 1906) e Melcior Vinyals i Muñoz, a partir do 1908, ano no que se vai inaugurar.

Edificio Ten planta de tres naves en forma de abano e de medida desigual (de 70, 65 e 28 m de longo respectivamente), que se unen baixo unha gran bufarda. Ten unha superficie duns 3 400 m² á planta principal e uns 1 500 m² á planta subterránea, orixinariamente destinada ás cabalarías e actualmente zona de servizos; a disposición en dúas plantas explícase polo desnivel existente entre o Raval e a Rambla. A súa estrutura está formada por 50 columnas de ferro fundido que terman dunha cuberta que favorece a entrada da luz natural a través de 4 000 claraboias de vidro. Trátase da meirande estrutura de ferro da cidade, un concepto moi innovador na época da construción do edificio, xa que daquela o ferro só se empregaba como elemento decorativo. miniatura|esquerda|Bufarda central. miniatura|right|Interior do mercado. Das tres naves, a á pequena está destinada basicamente á venda de peixe e pesca salgada, mentres que nas outras dúas hai postos de carne, froita, verdura, especias, legumes, autoservizo e restauración.

Nome do mercado O seu nome conmemora o centenario do comezo da Guerra da Independencia española, en 1808, se ben tamén se propuxera chamalo «Mercat de la Llibertat». Unha placa na entrada principal reza: «1808 homenatge a Sagrera Vinyals Viver i altres ciutadans que se sacrificaren per la independència de la pàtria. Terrassa, en el primer centenari, 1908.»

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do Mercat de la Independència Mercat de la Independència, dentro de Pobles de Catalunya

Categoría:Terrasa