San Xosé de Chandebrito é unha das sete parroquias do concello pontevedrés de Nigrán. Segundo o IGE, en 2022 tiña 459 habitantes (224 homes e 235 mulleres), distribuídos en catro entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 503 habitantes.
Xeografía É a menos poboada do concello de Nigrán e a segunda menos poboada das vinte e dúas do Val Miñor, por detrás de Couso (Gondomar).
É rural e interior. Limita coas parroquias de Camos, Vincios (Gondomar), Coruxo e Valadares (Vigo).Localización en Candebrito.org
Eclesiasticamente, pertence ao arciprestado de Miñor.
Patrimonio Consérvanse petróglifos no lugar da Cañoteira e na Gabacha. A igrexa parroquial foi reconstruída no século XVIII.
Galería de imaxes
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Chandebrito
Parroquias de Nigrán
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Nigrán Ligazóns externas Chandebrito.org
Categoría:Parroquias de Nigrán Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xosé