Chaetophractus villosus é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos (a única da orde), e subfamilia dos eufractinos,Chaetophractus villosus en MSW. unha das tres que integran o xénero Chaetophractus.Chaetophractus en MSW.

É un armadillo suramericano que habita no sueste de Bolivia, oeste de Paraguai e case toda a Arxentina, en gran diversidade de hábitats: selvas subantárticas, bosques tempeados, sabanas secas e húmidas, pastos subtropicais e tropicais, desertos cálidos, temperados e fríos, terra arábel, plantacións e xardíns.Abba, A. M.; Poljak, S. & Superina, M. (2014): Chaetophractus villosus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Cosnsultada o 01-02-2016.

Distribución

Segundo investigacións xenéticas, arqueolóxicas e históricas, antes da década de 1930 esta especie non habitaba en Chile nin na Patagonia arxentina austral, xa que a súa área de distribución remataba na marxe norte do río Chubut. Pero a construción de estruturas humanas como estradas, oleodutos e, especialmente, pontes sobre os ríos, ademais doutras alteracións antrópicas durante máis dun século, modificaron as condicións ambientais da rexión, permitíndolle invadir áreas que non podería conquistar de forma natural, alcanzando así até o estreito de Magalláns, e incluso foi introducida tamén no sector norte da illa Grande da Terra do Fogo.Abba, Agustín M.; Sebastián Poljak, Magali Gabrielli, Pablo Teta e Ulyses F. J. Pardiñas (2014): "Armored invaders in Patagonia: Recent southward dispersion of armadillos (Cingulata, Dasypodidae)". Mastozoología Neotropical 21 (2): 311-318.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. VV. AA. (1968): "Dasipódios" en Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Cingulados Dasipódidos Eufractinos Chaetophractus

Ligazóns externas Chaetophractus villosus na ADW. Con abundante información, imaxes e bibliografía Chaetophractus villosus na EOL. Con información e imaxes.

Categoría:Cingulados