Pausanias I, foi rei de Esparta de 408 a. C. a 394 a. C.

Traxectoria Pertencía á familia dos Axíadas. Foi neto do xeneral Pausanias e o fillo do rei Pleistoanax. Reinou conxuntamente con Axis II de 409 a. C. a 398 a. C. e logo co irmán deste, Axesilao II de 398 a. C. a 394 a. C.

Manda as operacións militares na Ática ao final da guerra do Peloponeso e oponse a Lisandro en canto que é partidario dunha política moderada cara a Atenas. Á súa volta a Esparta lévano a xuízo e é declarado inocente. Máis tarde coñece a derrota contra Tebas e morre, sobre -380, exiliado.

É pai de dous reis de Esparta, Axesípolis I e Cleómbroto II.

Categoría:Axíadas