O rexionalismo é un movemento cultural e político de recuperación da identidade propia (lingua, historia, dereito, tradicións e outras peculiaridades). As reclamacións políticas do movemento limítanse a acadar certo grao de autonomía xurídica, aínda que mantendo sempre a dependencia política, motivo polo que é considerado unha forma de unionismo.
No caso concreto de Galiza, xurdiu durante os primeiros anos da Restauración borbónica (último terzo do século XIX). Politicamente, os rexionalistas eran partidarios da descentralización administrativa e, nalgúns casos, da autonomía.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Rexionalismo galego
Categoría:Rexionalismo