Chaetophractus vellerosus é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos (a única da orde), e subfamilia dos eufractinos, unha das tres que integran o xénero Chaetophractus.Chaetophractus en MSW.
É un armadillo suramericano que habita en Bolivia, Paraguai e a Arxentina.Abba, A. M.; Cuéllar, E. & Superina, M. (2014): Chaetophractus vellerosus na Lista vermella da UICN.
Características Chaetophractus vellerosus é un animal duns 25 cm de lonxitude, robusto, de forma aplanada, co corpo cuberto dunha vintena de bandas dunha cor gris escura. A parte superior da cabeza, a parte exterior das patas e a cola tamén están cubertos coa coiraza. As placas que conforman a armadura son mouras, ásperas ao tacto e visualmente similares ás escamas dos crocodilos.
Hábitat e distribución Esta especie adáptase ben a case todos os tipos de ambientes, sempre que non sexan demasiado húmidos. Polo tanto pódese encontrar en bosques secos tropicais e subtropicais, en pradeiras con ou sen arbustos, en áreas de deserto, e en campos cultivados.
Chaetophractus vellerosus encóntrase xeralmente na rexión do Chaco de Bolivia, en Paraguai e na Arxentina.Gardner, A. L. (2005): "Order Cingulata". En: D. E. Wilson & D. M. Reeder (eds.), Mammal Species of the World: A taxonomic and geographic reference. 3ª edición, pp. 94-99.Abba, A. M.; Tognelli, M. F.; Seitz, V. P.; Bender, J. B. & Vizcaíno, S. F. (2012): "Distribution of extant xenarthrans (Mammalia: Xenarthra) in Argentina using species distribution models". Mammalia 76: 123-136. Unha poboación disxunta sitúase na parte oriental da provincia de Buenos Aires.Crespo, J. A. (1974): "Comentarios sobre nuevas localidades para mamíferos de Argentina y Bolivia". Revista del Museo Argentino Ciencias Naturales "Bernardino Rivadavia" 11: 1-31.Carlini, A. A. & Vizcaíno, S. F. (1987): "A new record of the armadillo Chaetophractus vellerosus in the Buenos Aires Province of Argentine: possible causes for the disjunct distribution". Studies on Neotropical Fauna and Environment 22: 53-56.Abba, A. M., Cassini, M. H. & Vizcaíno, S. F. (2007): "Effects of land use on the distribution of three species of armadillos (Mammalia, Dasypodidae) in the pampas, Argentina". Journal of Mammalogy 88 (2): 502-507.Abba, A. M. & Cassini, M. H. (2008): "Ecology and conservation of three species of armadillos in the Pampas region, Argentina". En: S. F. Vizcaíno & J. W. Loughry (eds.) Biology of the Xenarthra, pp. 300-305. University Press of Florida.Abba, A. M.; Cassini, G. H.; Cassini, M. H. & Vizcaíno, S. F. (2011): "Historia natural del piche llorón Chaetophractus vellerosus (Mammalia: Xenarthra: Dasypodidae)". Revista Chilena de Historia Natural 84: 51-64.
Pódese encontrar en altitudes desde o nivel do mar até os 1 000 msnm. Os rexistros da especie efectuados en Chile probabelmente sexan de Chaetophractus nationi.
Taxonomía
Descrición A especie foi descrita en 1865 polo naturalista inglés John Edward Gray en Proc. Zool. Soc. Lond., 1865: 376,Chaetophractus vellerosus en MSW, a partir dun exemplar do Museo Británico recolectado en Santa Cruz de la Sierra (leste de Bolivia) e que Gray denominou Dasypus vellerosus.Gray, J. E. (1865): "Revision of the Genera and Species of Entomophagous Edentata founded on the examination of the specimens in the British Museum". Proceedings of the Zoological Society of London, páxina 376.
Sinonimia Ademais de polo nome que lle adxudicou Gray, e do actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos: Chaetophractus vallerosus Thomas, 1923 Chaetophractus villerosus Grandidier & Neveu-Lemaire, 1908 Chaetophractus brevirostris Fitzinger, 1860
Subespecies Na actualidade recoñécense estas dúas subespecies:Chaetophractus vellerosus (Gray, 1865) en Catalogue of Life: 23rd December 2015. Species 2000. ITIS. Chaetophractus vellerosus (Gray, 1865) Chaetophractus vellerosus vellerosus (Gray, 1865) Chaetophractus vellerosus pannosus (Gardner, 2007)
Aínda que, segundo a UICN, é necesaria a súa confirmación taxonómica.
Estado de conservación Desde o ano 2006, a UICN vén cualificando o status da especie como LC (pouco preocupante), debido a que, aínda que é susceptíbel de sufrir a caza nalgunhas partes da súa área de dispersión, a especie está moi estendida, e considérase que as taxas de extracción teñen un nivel que lle garantiza no ter que ser incluída nunha categoría ameazada. Porén, a poboación disxunta na provincia de Buenos Aires está suxeita a modificacións no seu hábitat.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. VV. AA. (1968): "Dasipódios" en Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Cingulados Dasipódidos Eufractinos Chaetophractus
Ligazóns externas Chaetophractus vellerosus na ADW. Chaetophractus vellerosus na EOL.
Categoría:Cingulados