Josep Señé Escudero nado o 10 de decembro de 1991 en Sant Cugat del Vallès é un futbolista catalán que xoga na demarcación de centrocampista. O seu club actual é o Racing Club de Ferrol da Segunda División Española.

Traxectoria Tras xogar no equipo da súa localidade natal formouse nas categorías inferiores do Terrassa FC e chegando a debutar co primeiro equipo na Segunda División B. Do equipo catalán pasou ao equipo C do Real Madrid en 2010. Dous anos despois foi cedido ao Real Oviedo, equipo que se fixo cos seus servizos, ao rematar contrato co Real Madrid, e onde militou ata o ano 2015 cando fichou polo Celta de Vigo, para o inicio da tempada 2015/16 xa contaba con ficha do primeiro equipo. Debutou en Primeira División o 28 de novembro de 2015.

Notas

Categoría:Nados en Sant Cugat del Vallès Categoría:Nados en 1991 Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Terrassa FC Categoría:Xogadores do Real Madrid C Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores do CD Lugo