Emmanuel 'Toulo' de Graffenried, nado en París o 18 de maio de 1914 e finado en Lonay (Suíza) o 22 de xaneiro de 2007, foi un piloto de carreiras suízo. Participou en 23 Grandes Premios do Campionato Mundial, debutou o 13 de maio de 1950, e anotou un total de nove puntos no campionato. Tamén participou en numerosas carreiras de Fórmula Un fóra de campionato. Traxectoria
Graffenried comezou a súa carreira deportiva en 1936, ao volante do seu propio Maserati. Algúns dos seus resultados máis memorables foron na súa pista local: o circuíto urbano de lastras de Bremgarten preto de Berna. Gañou o Gran Premio do Reino Unido de 1949, un ano antes de comezar o Campionato Mundial da FIA. Nese ano inaugural de Graffenried disputou cinco das sete carreiras da tempada, con resultados mixtos. Continuou pilotando en carreiras ocasionais durante os seguintes seis anos, o seu mellor resultado foi o cuarto lugar no Gran Premio de Bélxica de 1953.
Logo da súa retirada da competición, Graffenried montou un concesionario de coches en Lausanne, con automóbiles Alfa Romeo, Rolls-Royce e Ferrari. Tamén actuou como dobre especialista de Kirk Douglas durante a rodaxe de The Racers. Máis tarde, converteuse nunha figura habitual nos acontecementos da Fórmula Un durante os anos 1970 e 1980 como embaixador corporativo para a marca de cigarros Phillip Morris Marlboro.
En recoñecemento da súa vitoria no primeiro Gran Premio do Reino Unido, Graffenried fixo a súa última aparición ao volante dun coche de carreiras durante as celebracións en 1998 do 50 aniversario de Silverstone aos 84 anos de idade.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Enrico Platé Maserati 4CLT/48 Maserati 4 en liña GBRRet MONRet 500 SUI6 BEL FRA ITA6 NC 0 SA Alfa Romeo Alfa Romeo 159 Alfa Romeo 8 en liña SUI5 500 BEL ITARet ESP6 16º 2 Enrico Platé Maserati 4CLT/48 Maserati 4 en liña FRARet GBR ALERet Enrico Platé Maserati-Platé 4CLT Maserati 4 en liña SUI6 500 BEL FRARet GBR19 ALE NED ITANSC NC 0 Baron de Graffenried Maserati A6GCM Maserati 6 en liña ARX 500 NED5 BEL4 FRA7 GBRRet ALE5 SUIRet ITARet 8º 7 Baron de Graffenried Maserati A6GCM/250F Maserati 6 en liña ARX8 500 BEL FRA GBR ALE SUI ITA ESPRet NC 0 Scuderia Centro Sud Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX MON 500 BEL FRA GBR ALE ITA7 NC 0
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Bibliografía Obituary: 'Toulo' de Graffenried. (2007) Motor Sport, LXXXIII/4, p. 15
Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Nados na provincia de Buenos Aires Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Suíza Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Enrico Platé Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Alfa Romeo Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Scuderia Centro Sud Categoría:Propietarios de escuderías de Fórmula 1