San Xoán de Cerdeira é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 108 habitantes (52 mulleres e 56 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 110 habitantes.

Nesta parroquia acádanse as maiores alturas do concello, arredor dos 800 metros.

Economía A parroquia conta cunha granxa de cría de visóns. Esta parroquia tamén conta cunha granxa de cría de vacas

Festas Celebra a súa festa o día 26 de xuño na honra do seu patrón San Xoán de Cerdeira. Tamén se fai a festa da Virxe do Carme que vén sendo o 8 de agosto.

Coñecida en toda Galicia polo seu requeixo feito de leite puro de vaca, cuxa festa gastronómica se celebra o Venres Santo na parroquia das Neves.

Lugares e parroquias Lugares de Cerdeira

Parroquias das Neves

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares das Neves

Categoría:Parroquias das Neves Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán