Star Trek Beyond é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Justin Lin. É o décimo terceiro título da saga Star Trek. É a secuela de Star Trek Into Darkness (2013) e a terceira da triloxía comezada co filme de 2009 Star Trek. Está protagonizado por Chris Pine e Zachary Quinto. Foi escrita por Doug Jung e Simon Pegg, o cal interpreta a un dos personaxes, e producida por J. J. Abrams, Roberto Orci e Bryan Burk.Staff (1 de xuño de 2015).
Personaxes Chris Pine como Capitán James T. Kirk Zachary Quinto como Spock Karl Urban como Doutor Leonard "Bones" McCoy Zoe Saldana como Uhura Simon Pegg como Montgomery "Scotty" Scott John Cho como Sulu Anton Yelchin como Pavel Chekov Idris Elba como Krall Sofia Boutella como Jaylah Joe Taslim como Manas Lydia Wilson como Kalara Deep Roy como Keenser
Produción Desenvolvemento Paramount anunciara que a próxima película da franquía, titulada provisionalmente polos medios de entretemento como Star Trek 3, estaba prevista para ser lanzada en xullo de 2016, a tempo para o aniversario número 50 da franquía.Pascale, Anthony (18 de setembro de 2014). Segundo os informes, a película terá lugar no espazo profundo, co Enterprise e o equipo tratando unha crise non revelada. Esta película segundo os informes, será máis similar ao orixinal Star Trek.Khatchatourian, Manne (28 de xuño de 2014).
Debido ao compromiso de Abrams de dirixir Star Wars: The Force Awakens, será produtor pero non o director.Kroll, Justin (13 de maio de 2014). O escritor Alex Kurtzman anunciou que xa non participaría, co seu compañeiro de escritura Roberto Orci, xunto con Patrick McKay e JD Payne.«Alex Kurtzman & Roberto Orci Splitting Up on Bigscreen (EXCLUSIVE)» (en inglés). Foi máis tarde cando se anunciou que Orci dirixiría a película, pero o 5 de decembro de 2014, informouse de que el xa non sería o director e que Edgar Wright estaba a ser considerado como unha potencial substitución.Lesnick, Silas (5 de decembro de 2014). Fleming Jr, Mike (5 de decembro de 2014). O 22 de decembro de 2014, Justin Lin foi confirmado como director de Star Trek 3.Mile Fleming Jr (22 de decembro de 2014).
O 22 de xaneiro de 2015, anunciouse que Simon Pegg co-escribiría a terceira película xunto con Doug Jung.«Simon Pegg Co-Writing ‘Star Trek 3′ With Doug Jung». No proxecto orixinal de Orci, Pegg comentou que Paramount "tiña un guión de Star Trek que non estaba realmente traballado para eles. Creo que o estudo estaba preocupado de que podería ser demasiado pouco Star Trek-e". Polo seu papel como o guionista principal, Pegg pedira facer esta nova película "máis inclusiva", indicando que a solución era "facer un western ou un thriller ou unha película de roubo, e entón poboar iso con personaxes de Star Trek, polo que é máis inclusiva a unha audiencia que podería ser un pouco reticente."«Simon Pegg criticises ‘dumbing down’ of cinema» (en inglés).
O 10 de abril de 2015, Deadline informou que a actriz francesa Sofia Boutella foi elixida como membro do elenco na terceira película.Fleming, Jr, Mike (10 de abril de 2015). O 21 de abril de 2015, Trek Movies revelou que o título da película sería Star Trek Beyond.Iacovine, Kayla (21 de abril de 2015).
Rodaxe A rodaxe comezou en xuño de 2015, con Bryan Cranston e Idris Elba en conversacións para o papel de vilán principal.http://www.ageofthenerd.com/2015/03/star-trek-3-to-begin-filming-in-june-2015/http://screenrant.com/star-trek-3-2016-casting-bryan-cranston-filming-locations/Idris Elba In Early Talks for 'Star Trek 3' Villain
Estrea O 23 de decembro de 2014, anunciouse que a película se estreará o 8 de xullo de 2016.Moser, Cassidee (23 de decembro de 2014). O 25 de novembro de 2015 FOX anunciou que a película tamén será estreada en formato IMAX, converténdose así na primeiro película da serie en estrearse en devandito formato.Camacho, Lucía (25 de novembro de 2015).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Star Trek Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Justin Lin Categoría:Filmes de 2016 en 3D Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción de 2016 Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes producidos por J. J. Abrams Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de Skydance Productions Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes de Bad Robot Productions Categoría:Filmes de ciencia ficción Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes rodados en Seúl Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX