Oscar Alfredo Gálvez, nado en Buenos Aires o 17 de agosto de 1913 e finado na mesma cidade o 16 de decembro de 1989, foi un piloto de carreiras arxentino. Participou nun Gran Premio do Campionato Mundial de Fórmula Un, o 18 de xaneiro de 1953, e anotou dous puntos no campionato.

Traxectoria Procedente do barrio de Parque de los Patricios, foi un piloto moi popular, e un participante regular e campión na serie de Turismo Carretera, do mesmo xeito que o seu irmán Juan.

Morreu de cancro de páncreas no barrio de Palermo á idade de 76 anos. O circuíto de Buenos Aires foi renomeado na súa honra.

Resultado completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Officine Alfieri Maserati Maserati A6GCM Maserati 6 en liña ARX5 500 NED BEL FRA GBR ALE SUI ITA 15º 2

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Profile from GrandPrix.com

Categoría:Nados en 1913 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Finados en 1989 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 da Arxentina Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Maserati Categoría:Finados por cancro de páncreas