Eladio Vaz Gallego, nado en Santiago de Compostela en 1894 e finado en Pontevedra o 2 de decembro de 1957, foi un funcionario e escritor galego.
Traxectoria Foi oficial da Prisión do partido de Santiago de Compostela nos anos vinte e trinta. O 6 de xullo de 1936 ingresou no Partido Galeguista. Escribiu poemas en galego e castelán entre 1937 e 1947, dos que só se conservan medio centenar en castelán, pois a súa produción en galego extraviouna Luís Emilio Batallán logo de que a familia lla prestase para musicar poemas.Rodrigo Cota (2017): prólogo ao libro Oropeles de Vaz Gallego.
En 1939 era director da prisión de Toledo, cando foi ocupada polas topas franquistas. Librou da condena grazas a unha carta que os presos enviaron a Franco pedindo clemencia para o que fora o seu carcereiro. En 1949 era xefe de prisións de Cangas de Onís,La Noche, 16-7-1949, p. 2. e despois foi Administrador da Prisión Provincial de Pontevedra.La Noche, 3-12-1956, p. 5.
Vida persoal Casou en Santiago de Compostela con Concepción Pintos Conde en febreiro de 1925.El Compostelano, 8-2-1925, p. 2. Foi pai de María del Carmen e Araceli Vaz Pintos, que casaron cos médicos Miguel Domínguez Rodríguez e José Muíño Blas, respectivamente.
Obra Oropeles (Ab Origine, 2017)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Eladio Vaz, el poeta perdido
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes