Pilar Bértola Cabaleiro, coñecida como Pilarcita Bértola, nada en Pontevedra en 1920 e finada en Barcelona o 6 de setembro de 1934,El Pueblo Gallego, 7-9-1934, p. 11. foi unha poeta galega.

Traxectoria Filla de Ricardo Bértola. Marchou coa familia a Barcelona no ano do seu nacemento. En Barcelona participou en varios recitais de poesía. En 1934 fixo recitais de poesía en Radio Pontevedra e no Teatro Principal da cidade. Enfermou e morreu en Barcelona en setembro. Deixou escrita unha obra titulada Maldita sea la guerra..

O 8 de marzo de 1936 foi obxecto dunha homenaxe na súa vila natal promovido pola Casa de Galicia de BarcelonaEl País, 9-3-1936, p. 3., colocándose unha placa da casa onde nacera no Campo do BoiEl Pueblo Gallego, 7-3-1936, p. 14.. O 11 de marzo o Concello de Pontevedra acordou poñer o seu nome á rúa onde naceraEl País, 11-3-1936, p. 2..

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Pilarcita Bértola, poetisa y rapsoda

Categoría:Poetas de Galicia

Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1920

Categoría:Finados en 1934 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos