O Gran Premio de Australia de 1986 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 26 de outubro de 1986 nun circuíto urbano na cidade de Adelaida. Foi a 51º carreira na historia combinada do Gran Premio de Australia, que remontase ás 100 Miles Road Race de 1928 e a primeira que se celebrou nas rúas de Adelaida nunha presentación deseñada especificamente para o debut do Campionato do Mundo en Australia. O Gran Premio de Australia foi a décimo sexta e última carreira da tempada de . A carreira disputouse sobre 82 voltas aos 3´780 quilómetros do circuíto para unha distancia total de carreira de 310 quilómetros.
A carreira decidiu unha pelexa a tres bandas polo campionato de pilotos. Os pilotos na pelexa polo título eran Nigel Mansell, Nelson Piquet, ambos dos cales corrían co equipo Williams - Honda, e Alain Prost co McLaren.
Mansell logrou a pole position, pero unha mala saída habilitou a seu compañeiro Piquet, a Ayrton Senna e Keke Rosberg para adiantalo e quedar cuarto a finais da primeira volta.
Logo dun par de voltas, o finlandés Keke Rosberg, no seu último Gran Premio, tomou o liderado de Piquet. Con todo, o finlandés retirouse cunha picada na volta 63, devolvendo o liderado de novo a Piquet e deixando a Mansell no terceiro lugar, o que sería suficiente para que o inglés lograra o campionato. Unha volta máis tarde, a carreira de Mansell terminou cando o seu pneumático traseiro esquerdo explotou na recta principal a falta de 19 voltas para o final. O título quedou entón entre Piquet e Prost co francés necesitando terminar por diante do brasileiro para defender con éxito o seu título. Tralos fracasos dos pneumáticos de Rosberg e Mansell, o equipo Williams chamou a Piquet para facer un cambio de pneumáticos por precaución, saíndo 15 segundos atrás. Fixo unha última carga para pechar a brecha de 4,2 segundos, pero Prost levouse a vitoria e gañar o segundo dos seus catro títulos.
Non foi ata o Gran Premio do Brasil de 2007 que houbo de novo tres posibles pilotos aspirantes ao título na última carreira da tempada.
Antecedentes
Ao inicio da carreira, tres pilotos tiñan a oportunidade de gañar o título. O piloto británico Nigel Mansell era o líder do campionato, seis puntos por detrás estaba o campión da tempada anterior Alain Prost, e un punto detrás de Prost estaba o compañeiro de equipo de Mansell en Williams, Nelson Piquet. Cuarto era Ayrton Senna, que tiña garantido terminar nesa posición. Prost tiña o obxectivo de converterse no primeiro piloto desde Jack Brabham en e en gañar dou Campionatos Mundiais de Pilotos consecutivos.
Os Williams de Mansell e Piquet eran moi superiores en velocidade ao McLaren de Prost. Con todo, a consistencia de Prost permitíralle acumular puntos durante todo o ano, mentres que os Williams loitaran un co outro e os seus xogos erosionaron o que houbera sido unha tempada dominante para o equipo.
Para gañar o campionato Mansell necesitaba a terceira posición ou superior, ou que Prost e Piquet terminaran no segundo lugar ou inferior. Para gañar o campionato Prost ou Piquet, tiñan que gañar a carreira, e que Mansell rematara en cuarta posición ou inferior.
A diferenza do Campionato de Pilotos, o Campionato de Construtores xa se decidira a favor de Williams, xa que tiñan unha vantaxe de 48 puntos sobre McLaren. O lugar de McLaren como subcampión estaba asegurado, con 30 puntos de vantaxe sobre o terceiro clasificado, Lotus.
Resumo da carreira
Mansell logrou a pole position cun tempo de 1 minuto 18.403 segundos. O seu compañeiro de equipo, Nelson Piquet, e Ayrton Senna no Lotus foron os únicos pilotos no mesmo segundo de tempo de Mansell. O terceiro aspirante ao título, Alain Prost, estaba na segunda fila da grella, cuarto.
A perspectiva dunha batalla a tres bandas para o Campionato de pilotos atraeu a unha multitude de 150 mil espectadores, no estreito pero rápido circuíto de Adelaida.
Mansell comezou desde a pole position, pero cedeu o liderado ao Lotus de Ayrton Senna na segunda curva da 1ª volta e caeu detrás de Piquet e Keke Rosberg na mesma volta. Piquet tamén superou a Senna na 1ª volta para tomar o liderado, pero que ía a durar só seis voltas xa que na volta 7, Rosberg púxose por diante de Piquet e comezou a construír unha brecha considerable entre el e o resto dos participantes.
Na 23ª volta Piquet trompeou, aínda que o seu coche non sufriu danos, e continuou a carreira malia perder de novo varias posicións. Prost sufriu unha picada un par de voltas máis tarde e descendeu ao cuarto lugar logo de ter que parar en boxes. Piquet atacou de novo, pasando a Mansell polo segundo lugar na volta 44, Prost quedou entre os dous monoprazas de Williams e, a falta de 25 voltas para o final, os tres aspirantes ao título corrían xuntos nas posicións 2ª, 3ª e 4ª.
A batalla foi polo liderado na volta 63 cando Rosberg sufriu un fallo no pneumático traseiro dereito e retirouse da carreira. Máis tarde Rosberg revelou que de todos os xeitos el nunca gañaría a carreira, a menos de que Prost non lograr terminar ou tivera problemas que non le permitiran competir polo título, prometeralle a Prost e ao equipo que axudaría ao seu compañeiro de equipo no seu intento de gañar dous campionatos consecutivos. Prost púxose terceiro que se converteu en segundo cando Rosberg retirouse, con Piquet agora líder. Mansell só necesitaba un terceiro lugar para gañar o campionato.
Mansell aínda estaba en terceira posición cando, na volta 64, o seu pneumático traseiro esquerdo rebentou a 290 km/h na recta Brabham de alta velocidade cando dobraba ao Ligier de Philippe Alliot, deixando unha choiva de faíscas detrás del e danando gravemente a súa suspensión traseira esquerda. O Williams continuou en inercia ata deterse na zona de escape de final da recta, Mansell pilotou para evitar chocar con nada. Temendo que sucedera o mesmo co segundo coche, Williams chamou a Piquet a boxes e Prost tomou o liderado. Piquet faría un último ataque, pechando a brecha de 15.484 segundos con 2 voltas para o final a apenas 4.205 segundos na meta e Prost logrou tanto a carreira como o campionato do mundo. Prost tiña tan pouco combustible que se detivo a poucos metros máis aló da liña de meta.
Na súa última carreira con Ferrari, Stefan Johansson completou o podio en terceira posición, aínda que cunha volta perdida con Prost e Piquet. Martin Brundle quedou sen combustible mentres cruzaba a meta en cuarto lugar no seu Tyrrell - Renault. O seu compañeiro de equipo Philippe Streiff terminou quinto con 2 voltas perdidas, mentres que Johnny Dumfries terminou sexto no seu Lotus-Renault.
Esta foi a última carreira do motor turbo de Renault, a compañía francesa foi a pioneira na turboalimentación na F1 en , así como a última carreira de Fórmula Un de Renault como fornecedor de motores ata o seu regreso con Williams no Gran Premio do Brasil de 1989. Tamén foi a última carreira de Fórmula Un para o Campión Mundial de Alan Jones e do seu compañeiro de equipo Patrick Tambay, e a última carreira do Equipo Haas Lola, onde pilotaban tanto Jones como Tambay. Tamén foi a última carreira para o piloto de Lotus Johnny Dumfries, Berg Allen de Osella, Huub Rothengatter de Zakspeed e do Campión do Mundo de Keke Rosberg.
Clasificación
Cualificación
Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 5 Nigel Mansell Williams-Honda 1:19.255 1:18.403 — 2 6 Nelson Piquet Williams-Honda 1:20.088 1:18.714 +0.311 3 12 Ayrton Senna Lotus-Renault 1:21.302 1:18.906 +0.503 4 1 Alain Prost McLaren-TAG 1:19.785 1:19.654 +1.251 5 25 René Arnoux Ligier-Renault 1:20.491 1:19.976 +1.573 6 20 Gerhard Berger Benetton-BMW 1:22.260 1:20.554 +2.151 7 2 Keke Rosberg McLaren-TAG 1:21.295 1:20.778 +2.375 8 26 Philippe Alliot Ligier-Renault 1:22.765 1:20.981 +2.578 9 27 Michele Alboreto Ferrari 1:21.709 1:21.747 +3.306 10 4 Philippe Streiff Tyrrell-Renault 1:23.262 1:21.720 +3.317 11 23 Andrea de Cesaris Minardi-Motori Moderni 1:23.476 1:22.012 +3.609 12 28 Stefan Johansson Ferrari 1:22.050 1:22.309 +3.647 13 19 Teo Fabi Benetton-BMW 1:22.584 1:22.129 +3.726 14 11 Johnny Dumfries Lotus-Renault 1:23.786 1:22.664 +4.261 15 15 Alan Jones Lola-Ford 24:46.383 1:22.796 +4.393 16 3 Martin Brundle Tyrrell-Renault 1:24.061 1:23.004 +4.601 17 16 Patrick Tambay Lola-Ford 1:24.584 1:23.008 +4.605 18 24 Alessandro Nannini Minardi-Motori Moderni 1:25.593 1:23.052 +4.649 19 7 Riccardo Patrese Brabham-BMW 1:23.396 1:23.230 +4.827 20 8 Derek Warwick Brabham-BMW 1:23.552 1:23.313 +4.910 21 14 Jonathan Palmer Zakspeed 1:24.509 1:23.476 +5.073 22 18 Thierry Boutsen Arrows-BMW 1:24.768 1:24.295 +5.892 23 29 Huub Rothengatter Zakspeed 1:25.746 1:25.181 +6.778 24 17 Christian Danner Arrows-BMW 1:25.296 1:25.233 +6.831 25 21 Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 3:03.680 1:25.257 +6.855 26 22 Allen Berg Osella-Alfa Romeo 1:28.912 1:27.208 +8.806
Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 1 Alain Prost McLaren-TAG 82 1:54:20.388 4 9 2 6 Nelson Piquet Williams-Honda 82 + 4.205 2 6 3 28 Stefan Johansson Ferrari 81 + 1 volta 12 4 4 3 Martin Brundle Tyrrell-Renault 81 + 1 volta 16 3 5 4 Philippe Streiff Tyrrell-Renault 80 Sen combustible 10 2 6 11 Johnny Dumfries Lotus-Renault 80 + 2 voltas 14 1 7 25 René Arnoux Ligier-Renault 79 + 3 voltas 5 8 26 Philippe Alliot Ligier-Renault 79 + 3 voltas 8 9 14 Jonathan Palmer Zakspeed 77 + 5 voltas 21 10 19 Teo Fabi Benetton-BMW 77 + 5 voltas 13 NC 16 Patrick Tambay Lola-Ford 70 Non clasificado 17 Ret 5 Nigel Mansell Williams-Honda 63 Pneumático 1 Ret 7 Riccardo Patrese Brabham-BMW 63 Eléctrico 19 Ret 2 Keke Rosberg McLaren-TAG 62 Pneumático 7 NC 22 Allen Berg Osella-Alfa Romeo 61 Non clasificado 26 Ret 8 Derek Warwick Brabham-BMW 57 Freos 20 Ret 17 Christian Danner Arrows-BMW 52 Motor 24 Ret 18 Thierry Boutsen Arrows-BMW 50 Motor 22 Ret 12 Ayrton Senna Lotus-Renault 43 Motor 3 Ret 23 Andrea de Cesaris Minardi-Motori Moderni 40 Mecánica 11 Ret 20 Gerhard Berger Benetton-BMW 40 Motor 6 Ret 29 Huub Rothengatter Zakspeed 29 Suspensión 23 Ret 15 Alan Jones Lola-Ford 16 Motor 15 Ret 24 Alessandro Nannini Minardi-Motori Moderni 10 Accidente 18 Ret 21 Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 2 Transmisión 25 Ret 27 Michele Alboreto Ferrari 0 Colisión 9
Líderes por volta Nelson Piquet 8 (1–6, 63–64), Keke Rosberg 56 (7–62), Alain Prost 18 (65–82)
Posicións logo da carreira Texto en negra indican ao Campión Mundial.
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Putos 1 Alain Prost 72 (74) 2 Nigel Mansell 70 (72) 3 Nelson Piquet 69 4 Ayrton Senna 55 5 Stefan Johansson 23
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Williams-Honda 141 2 McLaren-TAG 96 3 Lotus-Renault 58 4 Ferrari 37 5 Ligier-Renault 29
Nota: só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Australia Categoría:Gran Premio de Australia de Fórmula 1