O baixo (do latín bassus: ‘grave, baixo’) é o cantante coa voz masculina máis grave, cun timbre moi escuro. En ópera un baixo é un cantante masculino capaz de alcanzar o rango máis grave da voz humana.

Tesitura miniatura|350px|Teclado de piano indicando a tesitura de baixo típico.

Segundo o Harvard Dictionary of Music, a tesitura de baixo vai desde un mi2 ata un do4, e segundo o Grove Music vai desde un fa2 ata un mi4. Porén, é amplamente coñecido no mundo operístico que un baixo debe dar como mínimo o fa4, considerándose en ocasións el fa#4 e incluso o sol4 para os papeis considerados de divo.

En obras corais, polo xeral, cando un compositor compón unha parte para baixo, utiliza un rexistro máis estreito (máis fácil de cantar): desde un sol2 a un si3.

Tipos de baixo

En música clásica, particularmente en ópera, existen distincións entre os distintos tipos de baixo:

Baixo profundo O baixo profundo ou baixo nobre é un cantante cunha voz particularmente profunda (unha gran potencia e riqueza en graves), ao tempo, que mantén os agudos firmes. Algúns exemplos son: Gottlob Frick (como Sarastro en Die Zauberflöte de Mozart), Kurt Moll (como o Barón Ochs en Der Rosenkavalier de Richard Strauss) e Nicolai Ghiaurov (como Don Basilio en Il barbiere di Siviglia de Gioachino Rossini). A ópera Boris Godunov reúne en escena a tres baixos profundos: Boris, Varlaam e Pimen.Roger Alier, Marc Heilbron e Fernando Sans Rivière: La discoteca ideal de la ópera, Editorial Planeta, S. A., 1995. ISBN 84-08-01285-1.

Baixo lixeiro O baixo lixeiro ou baixo cantante ten unha voz máis lírica, quizais cun rango de voz un pouco máis aguda, de timbre lixeiro. O baixo cantante ten axilidade na voz, para realizar poderosas melodías. Normalmente posúen rangos vocais ata un C5, dentro do rango dun mezzosoprano. Un exemplo é o eslovaco Serguéi Kopchák (como Mefistófeles en Mefistófeles de Arrigo Boito); papel de baixo cantante é o de Henrique VIII en Anna Bolena de Donizetti.

Baixo caractère O baixo caractère é un tipo de voz próxima ao baixo cantante que non se utiliza fora do repertorio francés. Como o baixo cantante posúe unha voz grave, pero alta, cun timbre lixeiro. Un exemplo é Gidon Saks (como Hagen en Der Ring des Nibelungen de Wagner).

Baixo buffo O bajo buffo, en italiano basso buffo, é un matiz dentro da extensión vocal do baixo. O buffo ten comunmente un papel cómico. Non ten necesariamente o brillo dunha voz seria, pero ten que convencer polo seu talento cómico.

Baixo Helden O baixo Helden ou baixo-barítono é a voz equivalente á do barítono baixo.

Baixo Hoher O baixo Hoher é un tipo de voz profunda e curta (significa, de xeito aproximado, ‘baio alto’), moi similar ao baio caractère, que non se utiliza fora do repertorio alemán. A denominación deste tipo de voz ven do propio Wagner, que escribiu certos papeis para este tipo de voz como os seus Wotan, Alberico, Donner o Fasolt en Der Ring des Nibelungen. Un exemplo de baixo hoher sería o baixo danés Stephen Milling como Fasolt.

Baixo-barítono O baixo-barítono é un baixo que pode desenvolver papeis tanto para baixos como para barítonos podendo cantar nas 2 tesituras. Exemplos: Hans Hotter, Thomas Quasthoff, Bryn Terfel ou Antonio Campó.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Appelman, D. Ralph: The Science of Vocal Pedagogy: Theory and Application. Indiana University Press, 1986. ISBN 978-0-253-20378-6 Boldrey, Richard: Guide to Operatic Roles and Arias. Caldwell, 1994. ISBN 978-1-877761-64-5 Fallows, David & Jander, Owen: «Tenor» en Grove Music Online ed. L. Macy (consultado el 25-11-2008). McKinney, James: The Diagnosis and Correction of Vocal Faults. Genovex Music Group, 1994. ISBN 978-1-56593-940-0 Stark, James: Bel Canto: A History of Vocal Pedagogy. University of Toronto Press, 2003. ISBN 978-0-8020-8614-3 Smith, Brenda: Choral Pedagogy. Plural, 2005. ISBN 978-1-59756-043-6 Outros artigos  Voz (música) Ligazóns externas As voces masculinas do Romanticismo

Categoría:Voces segundo rexistro Categoría:Artigos sen imaxes