Juan Domingo Perón, nado en Lobos o 8 de outubro de 1895 e finado en Buenos Aires o 1 de xullo de 1974, foi un militar e político arxentino. Foi presidente do seu país en dúas ocasións, de 1946 a 1955 e de 1973 a 1974.
Traxectoria Perón casou con Aurelia Tizón, falecida de cancro en 1938, e en segundas nupcias con Eva Perón, máis coñecida como Evita que tamén faleceu de cáncer de útero. Nos anos 60, casou unha terceira vez, agora con María Estela Martínez, máis coñecida como Isabel Perón, a súa sucesora na presidencia da Arxentina en 1974.
O seu goberno populista era apoiado pola Igrexa, polo Exército e polo Movemento sindical, e baseábase nun forte nacionalismo, centralizado no poder do Estado.
Perón aínda contaba co carisma da primeira-dama, Evita Perón, a través de campañas sociais, o que daba ao Estado un carácter paternalista. A pesar diso, o goberno mostrábase con autoritarismo, castigando de forma severa a quen fixese críticas ao goberno.
Véxase tamén
Outros artigos
Peronismo
Categoría:Presidentes da Arxentina Categoría:Vicepresidentes da Arxentina Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Nados na provincia de Buenos Aires Categoría:Excomungados pola Igrexa católica