thumb|Mona de Pascua tradicional. thumb|Outra mona de Pascua.

A mona de Pascua é un doce elaborado cunha masa fermentada de fariña, ovos e azucre, cocida no forno e decorada con ovos duros ou figuras de chocolate, que adoitan regalar os padriños e madriñas aos seus afillados e afilladas pola PascuaVV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración. Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. A mona é unha sobremesa de gran tradición en todo o Mediterráneo; prepárase nas rexións murciana, valenciana, catalá, aragonesa e castelá-manchega. A súa degustación simboliza que a Coresma e as súas abstinencias remataron. O nome provén da munna ou mouna, termo árabe que significa «provisión da boca», regalo que os musulmáns facían aos seus señores.

En Galicia non existe a mona en si; o tradicional era que os padriños regalasen ovos aos nenos; tamén se facían biscoitos ou pan doce con manteiga no que se lle puñan por riba ovos coa casca e se cocían no forno. Hoxe en día a tradición da Pascua galega é un roscón ou rosca. En Asturias ocorre o mesmo, o tradicional é un roscón que se denomina peragata ou bolla.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Roscón

Categoría:Biscoitos e tortas Categoría:Pans doces Categoría:Pratos de ovos Categoría:Gastronomía de Cataluña Categoría:Gastronomía de Murcia Categoría:Gastronomía de Valencia Categoría:Gastronomía de Aragón Categoría:Gastronomía de Castela-A Mancha Categoría:Doces Categoría:Sobremesas