San Martiño de Moaña é unha parroquia que se localiza no concello de Moaña. Segundo o IGE, en 2022 tiña 1 957 habitantes (981 homes e 976 mulleres).

Historia Ao carón da igrexa, rematada no ano 1197 e parcialmente reformada en 1771, quedan os restos dun antigo castro.

A finais de abril de 2010 encontrouse un testamento dun veciño da parroquia, escrito en lingua galega o 9 de novembro de 1466"Hallan en el archivo de San Martiño un pergamino en gallego de 1466, el más antiguo que alberga la comarca", Faro de Vigo, 12 de maio de 2010 (consultado o 12 de maio de 2010)..

En 2018 as festas de San Martiño, patrón da parroquia, foron declaradas de interese turístico de Galicia.

Demografía

Patrimonio Entre o seu patrimonio destaca a igrexa de San Martiño (1197, reformada en 1771), monumento histórico artístico; a casa reitorial, do século XVI; a Casa das Señoritas, de 1866; os tres cruceiros na contorna da igrexa dos séculos XII e XVI, e así como numerosas fontes e lavadoiros tradicionais (A Pedra, A Ameixoada, Río do Muíño...).

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Martiño de Moaña

Parroquias de Moaña

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Moaña

Categoría:Parroquias de Moaña Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Martiño de Tours