Latín macarrónico (en latín Latinitas culinaria) é unha locución que se utiliza para referirse a textos que están nun latín moi pouco académico desde o punto de vista gramatical, ortográfico etc, ou nun latín cun vocabulario de orixe moderna latinizado. En xeral, utilízase por ignorancia ou con finalidade humorística.
Tamén, por analoxía, fálase algunhas veces de francés macarrónico, inglés macarrónico, italiano macarrónico etc.
Historia Co precedente da literatura goliardesca medieval, Tifi Odassi empezou a utilizar este latín no seu Maccharonea (1490), e popularizouno o humanista italiano Teófilo Folengo, tamén chamado Merlín Cocay, no seu Baldus. Despois numerosos autores cómicos imitaron este estilo, entre eles Bassano Mantovano, Giovan Giorgio Allione ou Fossa Cremonese, e outros que seguiron o seu exemplo por toda Europa até tempos actuais; por exemplo, Ignacio Calvo reescribiu parte do Quixote en latín macarrónico:
Outro exemplo de texto en latín macarrónico, dialecto francés:
A tradución é a seguinte: Ao mediodía facía moita calor e os parisienses suaban. Os autobuses pasaban cheos. Nun que tiña a letra S vin a un home maduro cun pescozo moi longo e un chapeu cunha cinta trenzada.
O mesmo texto traducido ao latín macarrónico, dialecto español Tradución de Antonio Fernández Ferrer, publicada por Cátedra (1987) ISBN 84-376-0675-6(as palabras diferentes en letras grosas):
Notas
Véxase tamén Outros artigos Goliardos Latinismo
Bibliografía Carmina Burana, prólogo de Carlos Yarza e tradución de Lluís Moles, Barcelona, Seix Barral, 1981. Antonio Fernández Ferrer (tradutor). Exercicios de estilo de Raymond Queneau Terry Pratchett. Discworld novels. Raymond Queneau. Exercices de style. (1947)
Ligazóns externas Como encher un vaso de auga por Tip e Coll, un exemplo de francés macarrónico.
Categoría:Lingua latina